O mito da caverna


La Caverna de Platón, Cornelis Corneliz, 1604, Londres M. B.

-Despois disto -proseguin-, compara a nosa natureza con relación á educación ou a falta dela, cunha situación como esta:
Figúrate uns homes como nunha morada subterránea en forma de cova, que ten unha gran entrada aberta á luz ao longo de toda a cavidade, nela están, dende nenos atados polos pés e o pescozo, de xeito que permanecen alí mirando só cara adiante impedidos para volver a cabeza por culpa das ataduras; e a luz dun lume que dende arriba e ao lonxe, arde detrás deles; e entre o lume e os prisioneiros, na parte alta, un camiño ao longo do cal imaxínate un valo arranxado como os parapetos que colocan os titiriteiros diante do público para mostrar por riba deles os seus espectáculos.
-Xa o figuro
-Supón agora, ao longo dese valo, uns homes que van carrexando toda clase de obxectos: estatuas de figura humana e doutros viventes, feitos de pedra, madeira e cantos materiais haxa, que sobresaen por enriba do parapeto. E, como é natural, algúns dos portadores van falando e otros calados.
-Estraño cadro e estraños prisioneiros decribes
-Semellantes a nós, ¿ou cres ti, para empezar que teñen visto de si mesmos ou uns dos outros algo que non sexan as sombras que proxecta o lume contra a parte da cova que está exactamente enfronte deles?
-¿Como ían velo, se estan forzados de por vida a ter as cabezas inmóbiles?
-E con relación aos obxectos transportados, ¿non verían o mesmo?
-Que ían ver, senón?
-E se puidesen conversar uns cos outros, ¿non cres que terían por real aquilo que ven?
-Forzosamente.
-E se a prisión tivese un eco producido dende a parte que teñen diante, ¿pensas ti que, cando algún dos que van pasando falase, crerían eles que o que fala é outra cousa distinta da sombra que pasa?
-Non, por Zeus
-Sen dúbida non terían por real outra cousa que non fosen as sombras deses obxectos fabricados.
-Necesariamente.
-Considera agora a súa liberación das ataduras e a curación da ofuscación, que sería tal se, segundo natureza, lles acontecese algo así cando algún fose ceibado e obrigado a erguerse de súpeto, a volver o pescozo e a camiñar mirando cara á luz; e ao facer todo isto se doese e non dese visto por culpa do resplandor, aquilo do cal antes vira as sombras, ¿que cres ti que respostaría se alguén lle dixese que antes via pantasmas e que é máis ben agora, máis preto da realidade e dirixido cara ao auténtico ser, cando ve algo máis real? E se, ao lle amosaren cada un dos obxectos que pasan, fose forzado con preguntas a dar razón do ue son, ¿Non cres que se atoparía confuso e tería por máis verdadeiro o que vira antes que o que se lle amosa agora?
-Moito máis.


Platón. A República Libro VII

A intención do “símil da caverna” é amosar o camiño que conduce da opinión á verdade. A opinión é o coñecemento do home que se deixa guiar polo sentido común. Platón compara ese home cun prisioneiro que vive nunha caverna, suxeito por cadeas e condenado a ver só sombras reflectidas nunha parede. O prisioneiro que toma as sombras por realidades vive no mundo da ilusión. Atado aos seus sentidos é incapaz de ver o engano ao que está sometido. Do mesmo xeito os home atados ao sentido común non poden comprender a realidade que se agocha detrás dos seus sentidos. O home común non busca explicacións para os sucesos que observa e limítase a aceptar as súas regularidades como unha cuestión de fe. Serve como exemplo a situación do individuo que observa que o sol se move ao longo do día no firmamento e toma iso como a verdadeira realidade, crendo que é o Sol o que se move e a Terra sobre a que está parado está inmóbil. Comprender que é o Sol o que se move, non é unha cuestión de sentido común, nin de usar mellor os sentidos, senón unha cuestión de ciencia.
O proceso polo cal o prisioneiro da caverna se libera das cadeas que o obrigan a ver só sombras é difícil, pero o home que o consegue, comprenderá a razón de ter tomado as sombras como a verdadeira realidade. Ao igual que este prisioneiro liberado o home que é capaz de liberarse dos prexuízos adquiridos polo costume e os sentidos, poderá comezar a pensar que a terra non é o centro do universo e comezará unha investigación sobre o movemento dos astros e os planetas que cambiará a súa visión do universo.
Cando o prisioneiro se libera das súas cadeas, pode voltearse e ver o engano ao que estaba sometido. Na nosa vida ese proceso que nos permite caer na conta de que o que tomabamos por realidade, non era mais ca aparencia, comeza cando somos capaces de liberarnos das nosas “cadeas”: crenzas sen fundamentar, prexuízos, coñecementos adquiridos doutros, enganos dos sentidos. O individuo que acada esta fase non vivirá xa no mundo da “ilusión”, porque sabe que existe unha verdade obxectiva e que, tras unha realidade en continuo cambio, atópanse obxectos permanentes e estables que obedecen a leis que poden ser comprendidas a través da razón e que poden servir para predicir o comportamento doutros obxectos.
Este proceso de liberación das cadeas é un proceso complicado que non se pode producir sen axuda doutros. No mito Platón ten coidado de advertirnos de que o prisioneiro é liberado e arrastrado fora da caverna. Tamén para nos é un proceso difícil para o que se precisa axuda. Esa axuda é a educación.



ler mais
O mito da caverna
Emilio LLedó:El prisionero de la caverna en Memoria del Logos.

O escenario do mito é semellante a unha ficción cinematográfica, como dí LLedó:

O escenario do mito. A descrición da primeira sala de cine de arte e ensaio que todos os historiadores do cine esqueceron, e con iso a Platón, como un adiantado de Louis Lumière. Pero a continuación do escenario comeza tamén a rodaxe. E esta é a parte máis abandoada e non só polos historiadores do cine, senón polos mesmos filólogos e historiadores da filosofía que, desde fai máis dun século, nos teñen inundado con comentarios á República de Platón e con importantes monografias.
Os planos desta rodaxe están constitúidos por un prisioneiro que escapa; a dificultade da ascensión cara a luz, cara a porta da caverna; a dor nos ollos acostumados á escuridade, fraternalmente afeitos ás tebras; o asombro de ir descubriendo el montaje de la caverna; los deseos de volver al punto de partida, tan cómodo no fondo; a dúbida de se é mellor a luz cegadora e dorosa que a apacible escuridade; o deslumbramento e a imposibilidade de ver, unha vez saido da caverna e enfrontado co sol que ilumina árbores e montañas e casas; os recordos da súa prisión; a felicidad; o regreso; a discusión cos que non conseguiron liberarse, a morte.
Ante a tentación de desbotar esta visión dramática do home, como un soño afastado do noso baleiro realismo, teríamos que pensar en que hoxe vivimos nun mundo de mitos moito máis tristes, máis empobrecedores, corrompídos polo lucro, por un miserable pragmatismo, disimulado por palabras ocas, por símbolos grotescos ou, no mellor dos casos, por sentimientos enfatizados por orquestadores siniestros ou ignorantes. Non é arcaico o que Platón nos conta. É un mito claro e presente, ante o que una boa parte da simboloxía contemporánea semella opresiva e mortal.


Memoria del Logos. ed.Taurus pax. 24-25

O mito segue vixente aínda, porque nós seguimos sendo eses prisioneiros. Nacemos nunha sociedade que non eleximos, cunha ideoloxía, unha ciencia, unha linguaxe herdadas que nos condicionan e nos ensinan a ver a realidade dunha forma determinada. Hoxe en día esa determinación é máis empobrecedora se cabe, porque está dirixa polos medios de comunicación, sempre en mans do poder. O camiño para liberarse é máis difícil hoxe que nunca, por iso a metáfora de Matrix é unha actualización do mito que nos enfronta á realidade actual, coas súas cadeas e tamén cuns seres humanos que poden aprender da súa historia. De feito podemos rastrear na Triloxía os escenarios cinematográficos propostos por Platón. Atreveste?

Matrix é o mito da caverna

No hay comentarios:

Publicar un comentario