Comezamos un novo curso

Xa estamos de novo aquí, con ganas de comezar e algunhas novidades interesantes.

Temos un novo blogue que pretende ser o complemento para o noso blogue de enigmas Filonexos: Erotética (a arte de facer preguntas esenciais). Neste novo espacio aprenderemos a facer preguntas que son o primeiro paso da construcción do coñecemento, o primeiro paso na producción, no sentido máis creativo e individual da palabra. A pregunta é a orixe da Poiesis.


Tamén temos unha nova aula virtual dedicada á investigación filosófica, para responder as preguntas que nos facemos, para aprender os métodos científicos para respostalas e, como non, para propor a partir delas novas preguntas.


Tamén temos novos espacios no mundo físico: un espacio nos corredores do noso instituto, nun sitio afastado do ruído para pequenas reunións de traballo, cafés filosóficos, consulta de bibliografía, ou simplemente para falar un bo rato de xeito pausado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario