A voltas cos gregos

Non houbo nunca na historia un momento no que o pensamento fose tan importante, tan absoluto, tan fondo, como para propor os principais problemas que dirixirían a investigación nos séculos por vir. Os gregos tiveron intuicións orixinais sobre case todo, intuicións que se converteron, pasado o tempo, en verdadeiras teorías científicas: a evolución de Anaximandro, a teoría atómica de Leucipo e Demócrito, e agora a música das Esferas de Pitágoras.
Pitágoras consideraba que a esencia última da realidade expresabase a través dos números. O modelo  para a construcción do Universo estaba baseado en relacións númericas e, xa que logo, relacionado coas proporcións musicais. As matemáticas e os números   eran  para os Pitágoricos, e boa parte da tradición occidental, a forma de percibir o que a través da experiencia sensible se escapaba porque non era perceptible polos sentidos. Aos pitágoricos atribúese o descubrimento dos principais intervalos da escala musical. Para eles, as  distancias entre os planetas -as esferas- tiñan as mesmas proporcións que existían entre os sons da escala musical, que eran considerados como "armónicos" ou consoantes. Cada esfera producía o son que un proxectil fai ao cortar o ar. As esferas máis próximas darían tons máis graves, mentres que as máis afastadas darían tons máis agudos.  Todos estes sons se combinaban nunha fermosa harmonía: a música das esferas.


Agora o "canto" da Terra foi captado cunha claridade sen precedentes  gracias a dúas  sondas da NASA.


http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/10/121008_tierra_canto_nasa_am.shtml


La Nasa graba el 'canto de la Tierra' en la Vanguardia.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario