O Metro do Coñecemento

Para rematar o noso curso de Filosofía nada mellor que un vistazo panorámico á historia do pensamento. Liñas que se cruzan entre as diferentes disciplinas nos deixan un mapa que recorda a unha cidade inmensa e complexa. Nesta infografía de osé Antonio Peñas/ Idea: Superinteressante, Brasil, publicada pola revista Muy Interesante (http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-gran-metro-de-la-ciencia), podedes ver este mapa coma se de liñas de metro se tratara. Alí podedes localizar paradas coñecidas e outras que non o son tanto, pero que vos axudaran a entender a complexidade da aventura do coñecemento, a non desprezar camiños menos percorridos e a apreciar as grandes paradas, pero tamén as pequenas estacións de paso que permitiron seguir coa liña trazada. Atención á liña azul (a da Filosofía) como vedes camiñou paralela á liña vermella (Matemáticas) cruzandose as súas coa liña gris (a Física) durante un tempo. Logo afastouse desta investigación. Remata moi preto da liña verde (A Bioloxía) que é a ciencia máis preocupada pola evolución, tamén a humana, e máis recentemente polo desenvolvemento do cerebro e a intelixencia. Como non tamén é a que máis problemas éticos propón á investigación filosófica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario