Enigmas de cine 5

Esta semana tócalle á música. Ben certo que sen música case nada tería sentido no cine e, porén moitas veces non somos conscientes diso. Desde que o cine comezou, a música estivo presente. Ao principio era música en directo, logo, pouco a pouco, xurdiron músicos especialista en cine, aínda que o cine seguiu a tomar prestadas moitas melodías famosas. Se queredes indagar un pouco na historia do cine na música tedes algunhas referencias en 

http://mariajesusmusica.wix.com/historia-musica-cine#!musicas-prestadas

Mais o que hoxe vos propoñemos é unha reflexión sobre a presenza da música en todas partes, na natureza, nas fábricas, mesmo na imaxinación... Unha música que pode dar sentido a unha vida, moito máis aló do que o farían as imaxes. 

Desta vez buscamos unha xoia, unha desas películas que pode facernos reflexionar sobre a importancia que a imaxe ten na nosa cultura, poñendo ao ollo como construtor da realidade por riba de outros sentidos, quizais máis fiables. A protagonista da nosa película constrúe a realidade a partir do seu oído, convertendo o máis miserable da súa vida en música. De novo rexurde o mito platónico da caverna e a liberación a través da razón e o pensamento, neste caso a través da música, que como recordades para os Pitagóricos era a expresión da harmonía matemática do Universo. 

A película que buscamos achéganos a esa reflexión para acabar no silencio. O cine fainos así reflexionar sobre si mesmo, ao final, daquelo que non se pode falar, nin sequera se pode facer música.  Que película é? cóntanos que é o máis impactante dela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario