Enigmas de cine 7.

A min, de nena, esta película deixoume con ganas de coñecer mundo. Vese que eu era moi nena e a percepción dos nenos é moito máis fácil de asombrar ca dos adultos. Pasado o tempo e voltando a vista atrás todo nos parece moito máis pequeno, con menos cor, menos impactante... será que medramos e a paisaxe quedou igual, non medrou con nós. Buscamos logo, unha película que nos situou "nun marco incomparable" que facía voar a imaxinación, pero que nos mostra que os enganos da percepción, as veces, non son máis ca unha tramoya ben construída. Cos anos, todos saímos algo da caverna...
Escoita o audio e dinos de que película se trata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario