Un meme para Doña Digíra

Nominada por Doña Digíra para un meme

Pídenme un "meme" sobre blogs. A Wikipedia define meme como "unha idea, concepto, situación, expresión ou pensamento en calquera tipo de medio, virtual, cómic, vídeo, textos, imaxes e todo tipo de construción multimedia e colectiva que se populariza a través de Internet". Un meme é a expresión da evolución cultural tal é como foi definido por Richard Dawkins. Un fenómeno viral que reflicte moi ben que non somos máis que estacións no percorrido e viaxe da información, que é o que realmente nos conforma. 


Non sei se estou moi de acordo con esta forma de ver o ser humano, eu penso que a nosa condición é moito máis carnal pero, como vivimos en tempos de redes, para todos os amigos que están nelas aí van as miñas repostas ás cuestións propostas por @jhergony


1) Sobre qué estou escribindo hoxe?

Un pouco sobre todo, pero sobre todo sobre aquelo que vou aprendendo, que vou recollendo nas redes, sobre as propostas e reflexións que dedico aos meus alumnos e alumnas de filosofia, sobre a vida social, sobre as novas tecnoloxías. Non escribo para informar, se nón para informarme, pero mentras me informo poño a disposición dos demáis o meu percorrido... por se serve para algo!

2) En qué difire a miña escrita da de outros que desenvolven o mesmo xénero?

 Non sei se difire. En ocasións vexo concordancias e, en xeral, o meu blog é tan aleatorio e pouco intencional que non hai unha estructura diferenciadora. Será porque non ten un obxectivo definido, senón que a modo de rizoma, vai xerando unha historia profesional e vital a través dos meus aprendizaxes e preocupacións.

3) Por qué escribo o que escribo?

Porque creo que en tempos de redes é fundamental ter unha plataforma de comunicación co alumnado que che permita recoller as informacións que che parecen relevantes e facelas públicas na túa rede de contactos. Ensinamos e aprendemos do que coñecemos  e sobre aquilo que recae a nosa atención.

4). Cómo é o meu proceso de escritura?

Ocasional e non formal. Cando algo me motiva recollo, as veces sen tempo de facer un comentario e logo, mais adiante, reviso a entrada para facer suxerencias. As veces ocórrese algún enigma ou cuestión motivadora, e en xeral deixo fluir a miña actividade, porque é fundamentalmente lúdica. 

Estades todos nominados. Repetide o meme

No hay comentarios:

Publicar un comentario