Tentando a Fliped Clasroom


Este ano propuxémonos elaborar materiais para intentar unha clase ao revés. A verdade é que coa exigua cantidade de horas que temos para impartir o currículo de Filosofía é a única alternativa que nos queda para poder transmitir unha idea xeral do que é o traballo da filosofía. 

Pero, case sempre intentar transformar a metodoloxía fainos reflexionar ao mesmo tempo sobre as verdadeiras competencias que necesitamos que alcance o noso alumnado. Usar as ferramentas dixitais para ampliar as fronteiras da aula, conseguir que o alumnado aprenda por se mesmo, require reflexionar tamén sobre as posibilidades reais de que o alumno ou alumna se introduza no coñecemento filosófico a través da tecnoloxía. Probablemente a petición de que o alumno aprenda por si mesmo non sexa o principal problema, pois a Filosofía sempre reclamou isto, pero o tipo de competencias que ten que adquirir quizais sexa outro cantar.

De momento estamos a crear os materiais necesarios para a aula e intentamos unha avaliación que combine a apropiación de contidos coa promoción da creatividade e a adaptación á diversidade do noso alumnado propoñendo diferentes tipos de tarefas. O tempo dirá se funciona. De momento, e para non nos complicar, usaremos a aula en galego, pero os novos materiais (módulos formativos) estarán en castelán, fundamentalmente debido á escaseza de materiais audiovisuais dobrados ao galego.

Podedes visitarnos en... 
Xa vos iremos  contando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario