FILOCOMIC

Exposición dos traballos realizados polas alumnas de segundo de Bacharelato: Nerea Montes, Sofía Suárez, Claudia Mosquera e Paula Valiño, sobre os textos filosóficos propostos na materia de Historia da Filosofía. Unha vesión en comic libre que permite entender os textos desde unha perspectiva máis actualizada e máis icónica.

A exposición pode verse na entrada do IES, xunto cun FotoCall realizado polo alumnado de 3º de Diversificación curricular dirixidos pola profesora Renata Otero. Todos podedes pasar por el e tirar unha foto emulando ao voso filósofo favorito, ademáis de desfrutar coa lectura de cada un das viñetas expostas. Tamén podedes ollar os comic máis de preto no Pinterest: https://www.pinterest.com/egarea/textos-filos%C3%B3ficos-en-vi%C3%B1etas/






No hay comentarios:

Publicar un comentario