As orixes da filosofía

A filosofía, xurde, como disciplina academica nos séculos VI e V a.C. xunto coas primeiras formas de pensamento científico, na civilización grega. Carl Sagan explica neste video como foi esa orixe



A filosofía sempre, desde as súas orixes, buscou a verdade, mais aló dos prexuízos, das formas de pensar impostas polas autoridades políicas ou relixiosas. Pero romper coas tradicionais formas de pensar non é nunca un proceso fácil para a persoa que tenta inciar ese camiño. O proceso ten un custo que pode ser social, xa que os outros loitarán contra as novas ideas, pero tamen personal porque abandonar as vellas crenzas, fai que nos atopemos desamparados, non ter unha autoridade que nos guie, fai que as nosas equivocación sexan só responsabilidade nosa e iso, en ocasión é difícil de asumir.

A busca da verdade require que nos fagamos preguntas sobre aqueles aspectos do coñecemento ou a realidade do que non estamos seguros. A filosofía xurde do asombro, da dúbida, do medo a non coñecer de verdade o mundo que nos rodea. O ser humano vive nun mundo complexo, tanto no que atinxe ao mundo natural que o rodea, como ao mundo social e sempre, desde que tomou conciencia deste feit, preguntouse pola orixe do mundo, a causa dos fenómenos naturais e as razóns do comportamento social do homes e mulleres. Inicialmente estas cuestións foron explicadas polo mito, de feito, aínda hoxe en día os mitos teñen unha importancia crucial no noso mundo contemporáneo. Os mitos tranquilizan ao ser humano, xa que ao dar unha explicación aos grandes enigmas que lle preocupan, achegan tranquilidade e seguridade.
Aínda que hoxe en día os mitos só se recoñecen como metáforas, as persoas que cren cegamente no saber que outra persoas lle transmiten, seguen mantendo un coñecemento similar ao mito. Pensemos por exemplo na persoa qu cree cegamente nos avances científicos, recollendo só as explicación que dan os medios de comunicación, sen entender a base racional que as fundamenta. Pódese dicir que para esa persoa a ciencia é unha nova forma de mito.



A algúnhas persoas abóndalle con estas explicacións míticas, a outras non. E a ti?

No hay comentarios:

Publicar un comentario