A filosofía pode ser divertida?

Algunhas cuestións filosóficas semellan demasiado difíciles e sen moita utilidade, a lo menos a curto prazo. Así que, a meirande parte da xente, procura non perder moito tempo con elas. Pero en ocasións ao ver unha película, ler un libro ou escoitar unha conversa, volven a facerse presentes. En moitas ocasións a filosofía usa as metáforas, as comparacións con situacións reais ou imaxinarias para facerse entender. Pero tamén, en ocasións, o cine e a literatura usan a filosofía para facernos chegar mensaxes importantes.

The Matrix proponnos volver a reflexionar sobre o problema do real. Na película convértese a realidade virtual na única realidade para a maioría escravizada da especie humana que vive nunha simulación neural xerada por unha xeración de máquinas intelixentes creadas polos propios humanos. En Matrix propónsenos a hipótese dunha simulación da vida, dunha vida de ficción á que ninguén pode ser alleo, porque ninguén pode escapar a ela. É a humanidade a que está suxeita por esa recreación da que só algúns poden escapar. Esas persoas que coñecen a verdade buscan a forma de eliminar esa recreación da realidade e liberar a humanidade.


A película The Matrix logra xuntar a filosofia coa ciencia ficción nunha película decisiva para o cine de ficción. O filme é unha metáfora, no mesmo sentido que o teñen sido o Mito da Caverna de Platón, A Vida é Soño de Calderón ou Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll, unha metáfora que tenta facernos reflexionar sobre a condición humana desde tres perspectivas:

O problema do real

A relación do ser humano coa tecnoloxía

A Liberdade do ser humano

Estas tres perspectivas producen unha visión do ser humano que se afasta dos esencialismos, para mostrarnos o ser humano, tal como o comprendemos no século XXI.


Tamén nós iremos seguindo a triloxía para abordar algunhas das cuestións filosóficas mais importantes deste curso de filosofía.

A mensaxe fundamental que nos tenta transmitir a triloxía Matrix é a necesidade dun pensamento independente que nos permita fuxir das formas de control, cada vez mais elaboradas da nosa sociedade. No seguinte vídeo podedes ver unha análise do filme que nos recorda tanto as cuestións filosóficas, como a imposibilidade que teñen algunhas persoas para poder exercer ese pensamento independente.



As referencias filosóficas son constantes durante todo o filme. A partir do espertar de Neo a una nova realidade, a unha nova verdade, podemos rastrear as principais preocupacións da filosofía ao longo da súa historia.




Preparate para ver a película e analizar as súas mensaxes... Despois ti elixes: pílula vermella ou pílula azul.

No hay comentarios:

Publicar un comentario