Filosofía... Para que?



Ao ser humano parécelle tan raro existir que as preguntas filosóficas xorden por si soas. Jostein Gaarder
Desde os catro anos, os nenos e nenas comezan a facerse preguntas e, nalgúns casos estas preguntas precisan dunha resposta complexa, que non sempre son capaces de comprender. Un bo exemplo é o seguinte:
Unha nena de catro anos pregunta ao seu pai existe Deus? O pai resposta que non pode dicilo con seguridade. A nena entón replica Ten que existir porque ten un nome! Esta resposta abre o camiño a novas preguntas: Todo o que ten un nome existe? A linguaxe representa a realidade? Existen cousas que non teñen nome? Claro que antes de propoñer estas cuestións a nena, demasiado nova, xa perdeu o interese e está dedicada a outras cousas.
A medida que medramos somos mais capaces de enfrontarnos a estas cuestións, pero algunhas non nos preocupan porque estamos demasiado ocupados noutras cuestións mais concretas. Aínda así, cando nos atopamos nun conflicto (unha pelexa cos pais, a traizón do noso mellor amigo, o noso primeiro fracaso amoroso...) volvemos a facernos preguntas interesantes (porque teño que obedecer aos meus pais, é posible confiar noutras persoas, podo ser feliz sen outras persoas...) A labor da filosofía tentou, desde os seu inicios, dar resposta a todas esas cuestións que nos preocupan e que non teñen respostas doadas. A medida que tentamos darlles resposta imos construíndo a nosa personalidade e a nosa visión do mundo.

O filósofo español Gustavo Bueno explica qué é, segundo el, a filosofía.No seu discurso verás que mestura moitas actividades de diferentes clases, que teñen en común o exercicio de pensar. Pensar de forma autónoma, sen renunciar á capacidade que nos fai mais humanos: a razón.



Inmanuel Kant, filósofo alemán, recordaba tamén na súa obra ¿Qué é a Ilustración? a necesidade de non renunciar a pensar:

A Ilustración é a saída do home da súa culpable minoría de idade. A minoría de idade significa a incapacidade de servirse do seu propio entendemento sen a guía doutro. Un mesmo é culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na carencia de entendemento, senón na falta de decisión e valor para servirse en por si del, sen a guía doutro. Sapere aude! [Atrévete a saber!] Ten valor de servirte do teu propio entendemento!, velaquí o lema da Ilustración.


A preguiza e a covardía son as causas de que unha gran parte dos homes permaneza, gustosamente, en minoría de idade ao longo da vida, a pesar de que hai xa tempo a natureza nos liberou de dirección allea; e por iso é tan fácil para outros o erixirse nos seus titores. É tan cómodo ser menor de idade! Se teño un libro que pensa por min, un director espiritual que substitúe a miña conciencia moral, un médico que me prescribe a dieta, etc., entón non necesito esforzarme. Se podo pagar, non teño necesidade de pensar; outros asumirán por min tan incómoda tarefa. Aqueles titores que tan bondadosamente tomaron sobre si a tarefa de supervisión encárganse xa de que o paso cara á maioría de idade, ademais de ser difícil, sexa considerado perigoso pola gran maioría dos homes [...]

Por tanto, é difícil para todo individuo lograr saír desa minoría de idade, case convertida xa en natureza súa. Mesmo lle tomou afección e séntese realmente incapaz de valerse do seu propio entendemento, porque nunca se lle deixou facer devandito ensaio.[...] Por iso, poucos son os que, por esforzo do propio espírito, conseguiron saír desa minoría de idade e proseguir, con todo, con paso seguro.
I. Kant




E ti, qué pensas? Porque cres que a xente fuxe da filosofía?

3 comentarios:

  1. Na miña opinión a xente fuxe de calquera cousa que lle faga cambiar a súa forma de pensar e actuar por medo as respostas que pode atopar. Sería capaz de deixar de fumar? Podería non falar con el xamais?
    A miúdo non intentamos propornos novos retos porque tememos non ser capaces de realizalos. A filosofía básase en cuestionar gran parte do coñecemento humano, para min, non cuestionamos as cousas porque moitas veces non estamos seguros sequera daquilo que considerabamos certo e o medo a descubrir que é falso pódenos. Coa verdade non sempre se atopa a felicidade.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. La gente huye de todo.
    Es más cómodo quedarse en el sofá de tu casa viendo la televisión, o en el ordenador metido en un mundo virtual que nos hace ser mejores a salir al mundo y cuestionarse la vida.
    Porqué hacemos lo que hacemos?
    Desde pequeños nos dicen 'Tienes que hacer esto' y no se molestan en explicar por qué y llega un momento en el que te conviertes en un autómata: Te abres un tuenti, sales los sábados y tomas café en cualquier bar. Porqué? Porque los demás lo hacen.
    Pero lo que más gracia me hace es la educación, porqué los libros están tan caros? Quizás es porque el trabajo de los profesores se ha limitado a leer párrafos y poner faltas. Quién quiere aprender así?
    No se estimula la curiosidad de los adolescentes; ya no es que huyan de la filosofía, nadie quiere saber lo que dijo Nietzche a no ser que sea para aprobar un examen que te salve el culo, y joder, es interesante, pero cómo hacerlo ver en un país de vagos? Es deprimente, pero es verdad.
    Cada día me da más asco ver cómo están alienando a las peña.

    ResponderEliminar