Que é real?

Como todos os animais, o ser humano ten que relacionarse co seu contorno para conseguir del o necesario para sobrevivir e tamén para modificalo, de xeito que se adapte mellor ás súas particularidades. O coñecemento do contorno é, neste sentido, un mecanismo de supervivencia de tódalas especies. Todos os seres vivos interaccionan co seu entorno, a través dos seus órganos sensoriais. Estes órganos están especializados en intercambiar información vital co seu medio para prover ao organismo de alimento, compañía, refuxio… Nos seres mais evolucionados o Sistema Nervioso é o encargado de realizar estas funcións. O cerebro, compón con todas as percepcións un mapa, que permite aos organismos vivos guiarse na realidade. Si este mapa é correcto, esto é coincide coa realidade, a vida será mais doada, se é incorrecto… entón estaremos en problemas.

E o noso mapa da realidade correcto? Podería ser doutro xeito? Que organismo ten unha visión mais correcta da realidade? O ser humano é o único animal capaz de reflexionar sobre estas cuestións. De esta capacidade xurde a cuestión filosófica sobre as relacións entre mente e realidade: é inaccesible a realidade? Pode captarse a realidade na súa totalidade? Podemos transcender as aparencias e captar a verdadeira esencia das cousas. A ciencia e a filosofía foron parte da resposta que o ser humano deu a estas cuestións ao longo da historia, pero tamén son parte da pregunta...

No hay comentarios:

Publicar un comentario