Solución enigma1


A música e a filosofía están relacionadas desde os inicios da súa historia. O noso primeiro enigma ten que ver con esa relación. A música expresa a harmonía, o equilibrio e, xa que logo, para moitos filosófos gregos era a maior das ciencias.

Se introduces no buscador google a primeira frase do texto: Hoson zes, phainou, meden holos sy lypou, iras directamente a unha páxina da wikipedia onde atoparás a resposta á primeira resposta á cuestión: O epitafio de Seikilos.


Despois, se prosigues a túa busca sobre este epitafio en Google, terás que buscar enre varias páxinas a resposta á segunda cuestión.

Na páxina sobre A Grecia Clásica e o seu legado atoparás o nome da escala musical en concreto: A Octava xusta
http://juanandres911.blogspot.com/2008/08/el-epitafio-de-seikilos.html

Atoparás, tamén, que outros estudiantes tamén se ocuparon deste tema e tentaron reproducir musicalmente a partitura en:

http://blog.educastur.es/musical/2009/04/29/el-epitafio-de-seikilos/

A resposta á terceira pregunta é máis complexa porque é múltiple. Por unha parte tes que explicar o tema que, se seguiches o noso percorrido xa terás claro: A brevidade da vida.

Na wikilearnig atoparás as relacións co estoicismo e a mensaxe filosófica do Carpediem.

http://www.wikilearning.com/articulo/estoicismo_para_la_vida-la_brevedad_de_la_vida/2255-4

Por outra parte está a melodía musical e a súa relación coa filosofía pitágorica.
Se refinas o criterio de busca en Google e introduces "escalas musicais + pitagoras" atoparás variada información acerca da relevancia da música en relación ao coñecemento do mundo e a perfección humana.

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd97/Biografias/12-1-b-pitagoras.html
http://masquemates.blogspot.com/2008/10/msica-matemticas-y-pitgoras.html

A relación entre pitagoras e o intervalo da octava xusta, pódese atopar da mesma forma. Unha solución en:
http://www.quadernsdigitals.net/datos_web/hemeroteca/r_47/nr_505/a_6967/6967.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario