Solución enigma2

En ocasións non vemos a relación entre as diferentes formas de coñecemento (ciencia, filosofía, arte ou literatura) e, no entanto, están intimamente relacionadas. Ao longo da historia podemos ver, como os conceptos xeométricos ou filosóficos, dan lugar e se mesturan coa música, os xogos populares, as relacións humanas, a relixión.... A proposta desta semana pretendía mostrar como algo tan sinxelo como a man humana deu lugar a algúns dos coñecementos máis importantes da nosa civilización, pero tamén ao xogos máis triviais.


Comezaremos a nosa busca introucindo en google “man + sistemas de numeración”, que é unha das claves da nosa adiviña. De contado o buscador nos proporcionará moitas entradas. Seleccionamos aquela que ten que ver coas bases de numeración:

http://www.terra.es/personal/arey42/sist_num.htm

Lendo a información atoparemos o dato de que en moitos idiomas a palabra que designa man e a que serve para designar o número 5 son a mesma. En grego e persa esa palabra é Pentha.

Se agora buscamos a relación entre o termo grego penta e a palabra xogo (“xogo penta”) De contado atoparemos o resultado que queremos e mesmo poderemos botar unha partidiña.

http://www.xtec.es/~rbernau1/tauler/cst/pentalfa.htm

Agora só nos queda procurar a conexión entre este xogo e o segredo dos pitagóricos.

Introducindo en Google a suma de “Xogo pentalfa” e “Pitágoras”, iremos a unha páxina da Wikipedia (tamén poderiamos comezar por aí):

http://es.wikipedia.org/wiki/Pitag%C3%B3ricos

Alí aprenderemos que os pitagóricos tiñan moito coidado en que non se coñeceran os seus segredos, que consideraban sagrados. Un deles, a proporción aurea, estaba representado pola estrela de 5 puntas, tamén chamada “pentagrama” ou “pentalfa”.

O pentagrama representaba aos pertencentes á seita e significaba, ademais do número 5, a vida, o poder, á saúde e a invulnerabilidade. A proporción representada polo pentagrama, pentáculo ou pentalfa, ten unha antiga tradición. Xa os mesopotamicos a usaban para representar a relación entre o ser humano e a divindade ou perfección. Por iso no Renacemento se usou para representar a figura humana inscrita nela.

A mesma estrela de cinco punta invertida é un signo de maxia maléfica, contra a que debe protexerse o atacado propoñendo unha estrela co vértice cara riba e encerrada nun círculo que representa a perfección.

Os pitagóricos crearon tamén unha teoría matemática da música e fixaron algunhas das harmonías musicais. A eles debémoslle o pentagrama musical, que se chama así por ter tamén 5 liñas.

A fotografía que acompaña esta entrada correspóndese coa man guidoniana, sistema mnemotécnico medieval para axudar aos cantantes usando unha man. O concepto no que se basea a man guidoniana, é que cada porción da man representa unha nota específica dentro del hexacordio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario