De volta cos enigmas 4

De estructuras e mapas
Falamos da estructura máis complexa que existe. Comprender os seus límites e imprescindible para ter "mapas" correctos da realidade.  As cuestións filosóficas máis complexas teñen que partir dun coñecemento minucioso sobre os obxectos dos que tratan. O primeiro filosófo que tentou reflexionar sobre  esta estructura, errou, porque o seu coñecemento sobre ela era aínda moi deficiente. De qué estructura falamos?  Quén foi o filosófo e cal foi o seu erro?

3 comentarios:

  1. A estrutura da que falamos é o cerebro humano, considerada a estrutura máis complexa. O filosofo que errou : René Descartes, considerado fundador da filosofía moderna. O seu erro: separar o corpo da mente, ca súa tese de que pensar é igual a ser, cando se trata do contrario: no principio foi o ser, posteriormente o pensar; somos, logo pensamos.
    Para chegar ata a resposta o primeiro paso que din foi buscar cal é a estrutura máis complexa. Atopar o filósofo non foi tan doado pero recordar a súa famosa frase “penso, logo existo” deume unha gran pista. Tamén me axudou a descubrir quen era este filósofo un libro de Antonio Damasio,” O erro de Descartes: a emoción, a razón e o cerebro humano”.

    ResponderEliminar
  2. A estrutura da que falamos é o cerebro humano, considerada a estrutura máis complexa. O filosofo que errou : Aristóteles. O seu erro: crer que o cerebro non recibe sangue e é a parte máis fría do corpo, destinada a refrixerar o resto.
    Para chegar ata a resposta o primeiro paso que din foi buscar cal é a estrutura máis complexa. Atopar o filósofo non foi tan doado xa que son varios os filósofos os que disertaron sobre este tema.

    ResponderEliminar
  3. É certo que a estructura da que falamos se volve moi importante na Modernidade. A partir dese momento todo semella xirar en torno a ela. Sen embargo xa era coñecida na antiguidade e, os filósofos, xa tiñan reflexionado sobre as súas funcións, exceptuando os filósofos idealistas que, coma Platón, non consideraban as estructuras físicas un obxecto de estudo

    ResponderEliminar