Serendipias, códigos Capcha e intelixencia

Comen morcegos os gatos? Comen morcegos os  gatos? E, ás veces: comen gatos os morcegos? Porque, cando non se sabe respostar a ningunha das dúas preguntas, non importa moito cal das dúas se formule. Nesto pensaba Alicia xusto antes de quedar durmida. Como sabedes Lewis Carroll famoso escritor e matemático sentía fascinación polos xogos da linguaxe e os paradoxos matemáticos. A sua infancia, en Chesire, foi a base dun dos seus célebres personaxes: o Gato de Chesire. En Chesire adoitan facer queixos con forma de gato e mesmo o famoso Gato pode verse nunha gárgola da torre de St Wilfrid's Church, Grappenhall, Warrington, en el condado de Cheshire.

Chesire semella ser un vortice ao que tenden os matemáticos. O matemático Turing famoso, entre outras cousas pola creación do célebre test de Turing que permitiría distinguir a intelixencia artificial da humana, morreu en Chesire.  Capcha é o  acrónimo de Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart (Prueba de Turing pública e automática para diferenciar máquinas e humanos). A proba aínda segue sendo motivo de discusión entre os neurocientíficos contemporáneos.

As serendipias son curiosas, non se sabe se xurden provocadas pola propia realidade ou somos nos os que atopamos as relacións. En calquera caso é curioso que o Gato de Chesire nos leve tamén cara o noso próximo enigma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario