O espírito da Ilustración percorre Europa. Dunha forma máis radical, mais sanguenta do que tivera lugar en Inglaterra, a Burguesía comeza as revolucións liberais. O Espírito da Razón din que foi a Ilustración, pero coma en todas as épocas houbo nese proceso luces e sombras. A igualdade e a fraternidade chegaron despois da eliminación da alta nobreza... na Guillotina. O espírito enciclopédico será o inicio da cultura contemporánea e da educación.  Pero antes... o afán dos burgueses acaudalados por acadar o poder. Aquí tedes un resumo musical da Revolución Francesa, da man de Lady Gaga. Desfrutade antes de embarcarnos na aventura da Razón kantiana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario