Neoliberalismo e dereitos: na procura da felicidade

A declaración da Independencia americana, recolle o "dereito á procura da felicidade" coma un dereito fundamental. Unha idea inspiradora, que ao xuntala coa idea de propiedade, mercado e capitalismo, se desvirtúa producindo unha busca da felicidade a través do traballo que produce os elementos necesarios para a supervivencia, pero nunha sociedade competitiva, onde o principio de igualdade, só rexe para as obrigas e non para a cobertura das necesidades básicas. Unha sociedade pensada desde a propiedade dos medios de produción e para a propiedade. Velaí vai un anaco da peli "Na procura da Felicidade" protagonizada por Will Smith. A película é un canto a esta sociedade baseada na competencia feroz e na que a dignidade humana non é un dereito senón que debe gañarse.

..“Seguramente llegarás a ser igual que yo. Tú destacarás en muchas cosas pero
probablemente en esta no. No quiero verte por aquí día y noche. Nunca dejes que nadie
te diga que no puedes hacer algo, ni siquiera yo. Si tienes un  sueño, tienes que
protegerlo y las personas que no son capaces de hacer algo te dirán que tú tampoco
puedes. Si quieres algo, ve por ello y punto…”.

O optimismo do protagonista contrasta coa realidade do sistema, por suposto o prota gaña e consigue o que quere, un posto de traballo asalariado para levar unha vida decente, á súa felicidade basease nesto. Pero para conseguilo, outros non poderán vivir unha vida decente, porque se terán quedado polo camiño:



“algunos están aquí porque conocen a alguien; otros,
porque quieren ser alguien, pero sólo uno de ustedes llegará a ser alguien”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario