O Xiro. Un prólogo que vale por todo un libro.

Sólo con ler o prólogo que Greenblatt nos regala antes de comezar a lectura de El Giro, xa quedamos cautivados. Un prólogo que é unha verdadeira lectura en si misma, que  nos cautiva e nos fala do mundo da cultura, da súa construcción ao longo do temo, das relacións entre humanidades, ciencias e arte na época máis interesante da historia: O Renacemento. Unha encrucillada na que se atopan a antiguidade e a modernidade, para dar paso a unha nova visión do mundo. Un Xiro que ven provocado por moitos acontecementos, algúns magnificados pola historia e outros, como o que nos narran neste libro, inxustamente esquecidos.  

Coincide esta lectura co momento en que estamos a estudiar a modernidade. Por iso, aínda que só sexa o prológo, penso que será de moita utilidade. Seguro que despois de facelo non vos resistides a seguir afondando na historia de  Poggio e os avatares sufridos polo poema de Lucrecio,  De rerum natura,  a lo longo do tempo. Unha mestura de literatura e historia moi recomendable. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario