O ensino da Filosofía

Como credes vos que se debería ensinar filosofía no Bacharelato. Esa é o tema de debate que nos suxire a REF (Rede Española de Filosofía). En momentos de cambios hai que aproveitar para facer propostas. Quizais algunha sexa tida en conta. O documento que nos propoñen para debater ten xa moitas posibilidades. Podedes votarlle un ollo en:
http://refsecundaria.blogspot.com.es/2013/03/documento-de-trabajo-como-queremos.html 

Vos deixo con algunhas cuestións para a reflexións:

  • Debe existir unha materia que teña como obxectivo coñecer a historia do pensamento occidental e os seus principais sistemas?
  • Deberiamos ler libros completos mellor ca fragmentos, ainda que iso significara ler a menos autores?
  • Deberiamos ler clásicos ou mellor autores contemporáneos?
  • Cal cres que é a competencia que desenvolve a materia de filosofía?
  • Cres que é importante ou que debería dedicarse ese tempo a outra cousa?
Entre os contidos que deberían tratarse na materia de introducion á filosofía cales son segundo ti os máis relevantes: 
  • O problema da verdade e o coñecemento científico
  • O problema do coñecemento e o funcionamento da mente
  • A definición de ser humano
  • O problema da liberdade
  • A argumentación sobre a existencia de Deus
  • As normas do comportamento moral




2 comentarios:

  1. [opinión totalmente persoal e ao mellor pouco extrapolable]
    Eu creo que a filosofía desenvolve dúas competencias fundamentais para ser un bo cidadán, unha boa persoa e un bo profesional, a capacidade de realizar unha crítica constructiva, de dubidar sempre de todo, incluso dun mesmo, e a capacidade de abstracción.
    Creo que é unha materia que tomada en serio, debería provocar no alumno o inicio dun proceso de introspección ao final do cal este é capaz de establecer un sistema de valores na súa vida (chegar un mesmo á pregunta de:"o que eu fago gustaríame que fora unha norma universal? e a poder actuar a partir dese momento tendo sempre esa pregunta na cabeza, ainda que a veces a incumplas polo menos tela aí e eres consciente do "erro"). Tampouco me empeñaría en profundizar moito máis na moral.
    Para un estudante de ciencias é unha materia fundamental e é unha mágoa que non haxa tempo para estudar máis a filosofía da ciencia (creo que máis bioética no currículum podería estar ben). Persoalmente penso que a escolla actual de textos é bastante decente, pero tamén é interesante ler algún libro non moi extenso ou algún anaco dalgún.
    Estaría moi ben que se tratara o tema do poder da información (estiven vendo o outro día unha entrevista con Zizek e Assange interesante, deixando á marxe que son un par de freaks, dinse cousas útiles para entender o mundo actual). Por exemplo falar de Chomsky ou Onfray penso que podería ser divertido. O sistema das películas funciona MOI ben e creo que a orientación da materia debería de tirar máis por ahí. Contidos máis relevantes para min os 4 primeiros (quizais o da definición de ser humano un pouco máis secundario).
    Os clásicos son importantes, todo remata sempre outra vez en Platón e Aristóteles e non me arrepinto para nada de adicarlle o tempo que lle adiquei a todas aquelas palabas en grego que ao principio parecían extraterrestres. A día de hoxe cando discuto con algúns compañeiros sobre cuestións destas filosóficas a conversa remata nos clásicos, son precisos.

    PD: sei que non respondo a todo pero foron así unhas pinceladas de como concibo eu persoalmente a materia :)

    ResponderEliminar
  2. Muchas felicidades por quedar finalista! :) Un blog muy interesante. ¡Ánimos! :)

    ResponderEliminar