A crise da Filosofía. Que facer?

Agora que está por rematar o curso 2012-2013, o profesorado de filosofía debería usar o curso que ven para reflexionar sobre a súa situación no curso 2014-2015. Despois do choque inicial deberíamos pensar en como imos reaccionar como colectivo ante a situación que teremos que enfrontar. En principio o resultado, como é obvio da actual reforma que se aprobará en Parlamento (a maioría absoluta o garante) é que sobra a metade do profesorado de Filosofía (ou mais). A posibilidade da non existencia da Filosofía de 2º de Bach, se non hai alumnado para que se poida impartir coma optativa reducirá as horas lectivas do departamento á metade e a eliminación de Educación para a Cidadanía elimina tamén un bo número de horas (estas, en principio menos relevantes.
A posibilidade de que teñamos que cubrir o noso horario impartindo a "alternativa" de Valores éticos, pode paliar esta situación, pero estará suxeita á demanda do alumnado. Esta situación fará que teñamos que tomar decisións, e sería mellor que puideramos tomalas como un grupo homoxéneo. Ide pensando pois as vosas respostas. Faremos a competencia á Relixión rebaixando a calidade da educación, facilitando unha mellora nas notas? Nos plegaremos ao curriculum oficial que se proporá como una "alternativa" á Relixión introducindo só o "politicamente correcto" (desde o punto de vista da dereita) nel? Caeremos na tentación de rebaixar o coñecemento filosófico a fin de ter clientes suficientes no ámbito das humanidades para poder ofertar a optativa?
Decisións difíciles que ate agora non tivemos que tomar, pero que agora nos obrigarán a facelo, so pena de desterro (dos centros de ensino) en forma de desprazamento obrigado, ensino initinere ou ensinanza virtual (desto algo xa se ten rumoreado noutras materias como o Grego ou o Latin). Non sei vos, eu estou nun mar de dúbidas. Algunhas propostas chaman á obxeción de conciencia, pero non fan propostas concretas. Eu non entendo moi ben como podería facerse isto, en concreto no noso traballo. Obxectamos á impartir a materia de Valores éticos? Non vexo esto posible... Home se me obrigan a dar Relixión, pero non creo que me queiran para eso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario