Porén non penso que esta sexa a causa do declive da Filosofía na secundaria. Fai aproximadamente un ano, nun artigo do País, advertíase dos avisos que a Conpaca facía ao goberno sobre o verdadeiro perigo que supoñía a Filosofía, moito maior que o do ensino da "educación para a cidadanía", fundamentalmente polo los argumentos filosóficos baseados na bioética que usaban os filósofos para argumentar sobre a realidade social en las aulas.
Non sei se realidade "somos para ternos medo", pero desde logo, alguén lle ten medo á filosofía, por eso canto mais lonxe do curriculum escolar e mais fragmentada mellor. Unha filosofía en 1º de bacharelato (con 2 horas semanais?) é unha materia condenada á desaparición por innanición. Se non a teñen eliminado é poque terían que facer co profesorado actual (de humanidades sobramos). O goberno tivo que "pagar" os seus servizos á Igrexa e a CONPACA e así estamos.
A cuestión mais importante consiste, ao meu modo de ver, en buscar os mecanismos para que o saber filosófico sobreviva a esta crise, porque se non sobrevive no ensino secundario, quédalle pouco tempo no ensino universitario, coma non sexa coma un posgrao de ornamento. Debemos buscar estratexias efectivas para que o ensino da filosofía sobreviva nestas épocas escuras. No Medievo souberon facelo. Agora nos toca a nós. Seremos quen de facelo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario