Para achegarnos a Nietzsche... pagará a pena

Por poblemas familiares, como xa sabedes, non poderei estar no Insti estes dias. Deixo na aula virtual vídeos e material de ampliación para a filosofía de Nietzsche. Un dos meus filósofos favoritos, cunha personalidade que arrasa todo ao seu paso, cunha valentía inusual. Un dos pensadores máis influíntes no noso século porque soubo anticipar moitos dos acontecementos que só estamos empezando a comprender agora, na nosa época. O Nihilismo e a perda de valores da cultura occidental, o poder salvador da arte, a necesidade de reivindicar o corpo e os seus sentidos... Un filósofo que foi capaz, coma ninguén antes de xuntar literatura, arte e filosofía.

Algunhas recomendacións para achegarnos a súa personalidade e ao seu pensamento dun xeito amable, a través da ficción ou da imaxe, un xeito, moi acorde co pensamento de Nietzsche, de adquirir coñecemento:

A novela  de ficción El día que Nietzsche lloró (1992) do psiquiatra xudeo-estadounidense Irvin D. Yalom, publicada en España por EMECE EDITORES, achéganos aos dous pensamentos clave do século XIX a psicoanálise e o pensamento de Nietzsche. As personaxes que marcaron a vida do filósofo son os elementos que permiten comprender a súa personalidade e algunhas das súas ideas. Podemos tamén achegarnos a través da versión cinematográfica de Pinchas Perry



Sobre a vida de Nietzsche é especialmente agradable achegarse ao comic Nietzsche de Norma Comics, con texto de M. Onfray e debuxos de Le Roy

No hay comentarios:

Publicar un comentario