Enigmas de cine 4

A vida humana é unha escaleira cara a morte, pero como ben sabían os antigos, se non eliminamos o medo á morte non morremos unha, senón moitas veces. “Se tes medo a morrer e loitas, verás diaños arrincándote a vida. Pero, se estás en paz, os diaños converteranse en anxos que te liberarán da terra”. 

En que película tiña lugar esta conversa? A personaxe que falaba así inspirábase nun filosófo medieval Quén? Que importancia tivo na historia da filosofía. Escoita o audio para recoñecela. 



2 comentarios:

  1. Esta conversa ten lugar na película "La escalera de Jacob" dirixida por Adrian Lyne (1990).
    Atopei esto buscando pola rede, pero non atopei o filósofo medieval que dixo iso, o único que atopei foi que o director da película se basou para facela no libro tibetano dos mortos, escrito no s. VIII e descuberto na Idade Media.

    ResponderEliminar
  2. Esta conversa tiña lugar na película "La escalera de Jacob" dirixida por Adrian Lyne. O personaxe que decía esta frase era Louis e inspirábase no libro tibetano dos mortos (Bardo-Thodol) da Idade Media.

    ResponderEliminar