Ida ao redor dunha historia



Agora sí toca falar da película en sí, da mensaxe que quere transmitir e dos temas que abarca. Por suposto calquera obra de arte é unha obra aberta, como dicía o filosófo Umberto Eco, e iso fai que poida ter diferentes lecturas desde diferentes perspectivas. Eco plantea que toda obra de arte é "unha mensaxe fundamentalmente ambigua, unha pluralidade de significados que conviven nun só significante"  de forma que aínda que a estrutura formal está determinada polo creador, permite un alto grado de  ambigüidade e de intervención activa do receptor. Nós pretendemos formar unha visión caleidoscopica a partir das diferentes perspectivas dos receptores, sen esquecer que unha voz privilexiada para facernos chegar a intención da película  é sempre a voz do director. Vexamos en primero lugar que nos conta: 
 
NOTA DO DIRECTOR:
IDA é unha película sobre a identidade, a familia, a fe, a culpa o socialismo e a música. 



“Quería facer unha película sobre a historia que non parecera unha película histórica; unha película que fora moral, pero sin lecións que dar; quería contar unha historia na que  "todos teñan as súas razóns"; unha historia mais achegada á poesía que ao argumento. Por riba de todo quería afastarme da retórica habitual do cine polaco. A Polonia de IDA  está mostrada por un "forasteiro" sen intereses persoais, filtrada poas memorias persoais e os sentimentos, os sons e as imaxes da infancia…”

Na seguinte  entrevista poderás escoitar ao director da película na entrevista que concedeu á rede  cero en conducta.





Imos iniciar unha análise do filme. Para que teñas unha idea clara do que debes facer, deixamos unha pequena presentación, como verás, xa tes algún camiño avanzado posto que xa reflexionamos sobre algúns dos elementos (cartel, recursos estilísticos e estéticos...): 



Analisefilmesgal from Eva Garea Traba

Agora tócache a tí. Introduce un comentario no que  valores cál é segundo a túa  opinión, o  tema fundamental da película e en qué sentido os outros temas dependen del e  se relacionan entre sí. Para axudarte nesta seleción podes revisar os seguintes fotogramas e elixir aquel que che pareza que transmite o tema central, segundo a túa opinión da película




Seleciona tamén dúas escenas fundamentais nas que o tema central sexa o elixido  por ti e explícaas brevemente.


Para iniciar a reflexión sobre os diferentes temas da película podes utilizar o seguinte cadro:





No hay comentarios:

Publicar un comentario