O son das imáxenes

Como xa advertimos a banda sonora dunha película é una parte crucial da mesma e cumpre funcións imprescindibles na transmisión do sentido. Todos sabemos que sen música unha película de terror non infunde tanto medo, pero a misión da música no cine vai moito mais aló diso: sinala o carácter das situacións e as personaxes, infunde sentimentos ligados a unha escena, acelera ou retarda o ritmo da acción...

Nos seguinte vídeo, a Profesora de música Sonia Rohrer fálanos dalgunhas destass funcións na conferencia que ofreceu dentro do  ciclo "A Voltas co cine" e que leva  por título "O Son das imáxes". Nesta conferencia deunos unha lección sobre a historia do cine a trvés do uso da música e o son  en diferentes xéneros cinematográficos.







En "IDA" podemos ver claros exemplos de tódos os  usos que a profesora Roher nos explica: música que emiten aparatos, sons asociados a situacións, sons que inspiran sentimentos. Fai unha análise da película e asocia cada unha desas funcións da música e o son a un momento da película Músicas opostas asociánse a situacións, escenarios e personaxes opostas. Qué relacións podes atopar?



Unha vez teñas unha idea clara, imos xogar un pouco. Seleccionaremos diferentes sons que aparecen na película e poderás tentar averiguar con que escena ou situación se relaciona. Para axudarte deixamos algunhas imaxes da película coas que podes asociar os sonidos. Reprodúceos un a un e  asocia cada un deles cunha imaxe. Reflexiona tamén sobre que sentimentos provoca en ti cada un deles.







No hay comentarios:

Publicar un comentario