Ida: a corporalidade

A corporalidade xoga tamén un papel importante no argumento da película. Dúas visións diferentes, dous usos do corpo, dúas mulleres diferentes: "Eu son a puta e ti a santa" dí a tía de Ida nunha discusión durante a viaxe. A Ida do convento vive a súa corporalidade negándoa. Wanda reivindicaa case ate a desesperación. A Ida que regresa ao convento vive o corpo doutra forma que podemos percibir na contraposición das imaxes. Algo mudou nela, transformándoa: a corporalidade que é  símbolo de vida e aprecio polo mundo convertese en símbolo de desesperación no suicidio de Wanda. As dúas mulleres, unha pola renuncia ao corpo e outra polo abuso da sexualidade, viven en mundos irreais, ficticios que non lles deixan apreciar a verdadeira vida. 




O suicidio de Wanda fai que Ida tente vivir o mundo de  Wanda,  identificarse con ela, vestir e moverse como ela e, como ela, probar a sexualidade.... As preguntas que Ida fai despois do sexos van máis aló da pregunta polas intencións do rapaz co que mantén a relación: e despois de iso... qué? É a pregunta polo sentido da vida, a pregunta que constrúe de verdade a nosa identidade. 

Procuramos textos filosóficos que apoien unha ou outra visión do corpo. Investiga en diferentes autores que teñan diferentes visións do corpo e selecciona citas dos mesmos que reflictan o diferente comportamento das dúas mulleres. Algunhas pistas:


Nietzsche. Os desprezadores do corpo "Así falou Zaratustra":






1 comentario:

  1. Tras a o asesinato da tía e despois de vivir durante un tempo con ela, Ida queda marcada xa que antes do seu paso pola vida da tía, Ida non tiña en conta a súa apariencia física, pero ao volver ao convento notamos algún pequeño cambio na súa actitude, encontramos por exemplo que ao seu regreso lle pregunta ao resto se lles gustaba como ía vestida e as outras mírana extrañadas, outra mostra do seu cambio de actitude maniféstase cando solta un sorriso mentres están comendo; e ademais tamén proba a sexualidade coma facía a súa tía.

    A visita á súa tía, e o seu suicidio repentino marcouna totalmente xa que a cambia por completo, dubida da súa fe,proba a sexualidade, preocúpase pola súa apariencia física e transforma a súa imaxe nalgunha ocasión imitando á tía,...

    María García García 4ºA

    ResponderEliminar