A viaxe de Ida: na procura da identidade

Ida é a historia dunha moza e unha viaxe. Unha viaxe na procura da súa identidade, unha identidade que lle permitirá tomar dicisións. Pois, cómo poderemos tomar decisións se non sabemos quen somos? Anna/Ida representa unha oposición: o suxeito construído por educación e o ser humano que procede dunha familia, unha etnia e unha cultura. Da Anne do convento á Ida que volve transformada media un sorriso. Dúas escenas xemelgas, separadas porla experiencia da vida fan que Ida perciba doutro xeito o mundo que a rodea e atope divertida a rutina do convento.
(min: 0:02:15 - 0:02:44) 
 (min: 1:0018 - 1:0054)




Quén é en realidad Ida? a nacida "xudea" ou a criada como "cristiana", esa é a verdadeira eleción que debe facer. A película propón ao redor deste suceso moitas cuestións:
  1. Ser "xudeo" ou ser "xitano" unha esencia irrenunciable o unha casualidade étnica?
  2. O que somos, é unha construción persoal ou unha herdanza  familiar irrenunciable?
  3. Cómo conservamos a nosa memoria?, o papel da familia e os documentos fotográficos na construción da identidade.



Recordas outras películas que relacionen memoria con fotografía? Qué  elementos da película demostran a necesidade da memoria na contrución da identidade? 



1 comentario:

  1. Cando Anne viaxa en busca da súa orixe atópase con que procede dunha familia xudía, e ela foi criada cunha educación cristiana no convento.

    Ante este dilema, Ida atópase con todo isto e queda un pouco estrañada, ela foi criada nun ambiente cristiano e, o feito de que descubra que procede dunha familia xudía vaina cambiar, aínda que non debería ser así porque suponse que se ten as súas propias crenzas isto non debería afectarlle.

    Durante a película vaise deixar influír pola situación na que se atopa, o suicidio da tía vaina marcar e facer florecer dentro dela as ganas de semellarse a esta e de imitar o seu estilo de vida.

    María García García 4ºA

    ResponderEliminar