Un Tigre interior

Lavanda Williams de 4º A envíanos a súa reflexión sobre a escena que máis lle impactou na película  

"Escollín  escena, na que  Pi loita por domar a  Richard Parker, o  tigre de bengala, e por conseguir dunha vez por todas o seu espacio  propio na balsa.

       Non a seleccionei por ser unha parte moi vistosa ou impresionante, como poden ser outras: o salto da balea ou os miles de suricatas  que o reciben na illa da súa salvación, senón  considerala unha parte fundamental da longametraxe. No  momento que Pi decide marcar os límites entre o tigre e él, comezan a respectarse máis as dúas personaxes. Se vemos este feito desde unha perspectiva interior, logramos entender que Pi loitou contra a súa parte máis salvaxe, que é a que representa Richard Parker, logrando dominala e dando lugar a unha convivencia máis pacífica no seu interior.

       Para iso ten que  amaestralo e coaccionalo con pequenos trozos de peixe, chegando así a un acordo común no  que as dúas partes gañan. Gracias en parte a este suceso, a súa  convivencia faise menos tensa e violenta, aínda que esa parte salvaxe de Pi se manteña presente ata a fin da viaxe, coa súa chegada a México." 

5 comentarios:

  1. ! Nos escollemos a escena na que Pi intenta domesticar ao tigre. Ambos están sós
    na barca e teñen que convivir o un có outro. Richard Parker (o tigre) toma como seu
    territorio a barca e Pi, para sobrevivir, ten que facer mediante flotadores e madeiras unha
    diferente. O problema é que as súas provisións atópanse na barca polo que Pi decide
    intentar domesticar ao tigre empregando anacos de comida e seguindo as instruccións do
    manual de supervivencia. Ao principio non funciona moi ben pero pouco a pouco, vaise
    gañando o seu respeto.
    ! Para interpretar correctamente esta escena hai que ter en conta que Richard
    Parker non é máis que un personaxe ficticio que Pi crea por diferentes razóns e que, en
    realidade, representa o lado salvaxe do protagonista; unha personalidade que ten que
    domesticar xa que non está acostumado a ela; el ten que deixar a un lado a faceta de
    persoa adaptada a unha sociedade e aprender a vivir só na natureza, tendo que loitar por
    sobrevivir en cada momento.
    ! Con todo isto, consideramos que esta escena é importante xa que representa a
    loita das dúas personalidades do protagonista, ou visto doutra maneira, a loita entre Pi e o
    tigre polo territorio correspondente a cada un.
    Paula Masa Ogando e María Calvo Ézara 4ºESO

    ResponderEliminar
  2. Esta escena es según nuestro punto de vista la más importante de la película, resulta un elemento clave en ella ya que nos muestra la relación existente entre ambos protagonistas (los únicos supervivientes del naufragio), en los que se apoya el argumento de la película.
    Esta escena corresponde a la parte de la película en la que Pi intenta marcar su territorio, se “enfrenta” a Richard Parker. En ella podemos ver como el humano domesticado representado por Pi, se enfrenta a la vida salvaje que aparece reflejada en el tigre, aunque al final resultan ser la misma persona ya que ambos reaccionan con el mismo comportamiento (cada uno defiende su propia vida ante las necesidades que sufren a causa del naufragio, pero, de dos modos muy distintos).
    Podemos ver en sus caras, como ambas reflejan el miedo interior que sienten, a pesar de que lo hacen de formas absolutamente diferentes ya que en el caso del tigre, este se refugia en la ira, mientras que el joven presenta un rostro angustiado y triste que nos transmite cierta pena, pero, que esconde durante el enfrentamiento reaccionando de la misma forma que lo hace el tigre.
    Antía García Otero y María García García 4ºA

    ResponderEliminar
  3. A min personalmente a escena da película que máis me gustou, foi nun momento moi concreto da película cando o mar estaba completamente en calma , se podía ver reflexado nel todo o firmamento ,a barca, Pi e incluso Richard Parker ; cando de repente dende as profundidas mariñas xorde unha balea , a cal irrumpe na escena acompañada dun inmenso banco de peces, os cales bucean por debaixo da barca deixando atónitos a estes dous personaxes. Isto che fai que pensar, xa que a natureza pode ser moi fermosa, pero tamén ten o seu lado perigoso e misterioso ,posto que non sabes que pode haber nas profundidades do inmenso océano.
    Carlos Furelos Guitián 4ºA

    ResponderEliminar
  4. Yann Martel, director de la película ''La vida de Pi'', nombró al tigre Richard Parker como un personaje de la novela de Edgar Allan Poe ''Arthur Gordon Pym''. Sin embargo, hay más personas llamadas Richard Parker que tienen que ver con cuentos de canibalismo de marineros náufragos.

    En enero de 1849, un barco llamado ''Francis Spaight'' se hundió, llevando consigo a un hombre llamado Richard Parker.

    En 1884, 46 años después de que se publicase la novela de Edgar Allan Poe, se hundió un barco llamado Mignonetten. Sobrevivieron en un bote el capitán y tres marineros. Creían que la única opción era comerse a uno de ellos. La víctima fue Richard Parker, un grumete de 17 años.

    Después de leer todo esto sobre el nombre Richard Parker, Yann Martel pensó: ''Tantas víctimas Richard Parker tienen que signifcar algo''.

    Blanca García Álvarez 1º ESO A.

    ResponderEliminar
  5. Eu collin a escea na que pi estaba acariando o tigre, nela mostrase unha amizade entre dous enemigos por natureza, o que me fai que pense unha e outra vez que por moi agresivo que sexa o enemigo, sempre hay un lazo que nos une a todos en determinadas situacións.

    Xavi Santiago Hidalgo

    ResponderEliminar