E o ano que ven...

O ano que ven tentaremos formalizar a metodoloxía que temos implantado durante estes anos. Buscaremos aplicar unha metodoloxía que nos permita individualizar o traballo, que requira investigación por parte do alumnado e que axude a crear contextos interdisciplinares. Nas materias de 1º de Bacharelato e nas optativas de 1º e 2º de Bach, artellaremos estratexias de proxectos de investigación con portafolios dixitais. Se estás con nós o ano que ven vai pensando o tema do teu traballo de investigación, nós poñeremos a plataforma e poderás:
Ter o teu propio portafolio dixital no que construirás o teu cartafol de recursos, irás formando a túa rede persoal de aprendizaxe, abrirás un blog e publicarás os teus traballos.

O tema de investigación pode ser filosófico ou interdisciplinar pero ten que ter fundamentalmente unha vertente teórica e unha práctica. Pensa pois nunha cuestión que che gustaría resolver, pode ser sobre o teu entorno inmediato ou sobre un tema histórico, literario ou artístico. Por poñerte algún exemplo:

Para o alumnado de 1º de BACH:
  1. Realmente estaba equivocado Descartes?  o dualismo cartesiano á luz da  neurobioloxía actual
  2. A que modelo se achega máis a democracia neoliberal actual: ao platónico ou ao Aristótelico?
  3. Como cambiamos? A construcción da identidade a través das biografías.
  4. Somos egoístas ou altruístas? Estudio de caso con experimentación
  5. A necesidade da Filosofía no Bacharelato: En que medida inflúe a materia de filosofía no éxito escolar? 
  6. Incidencia del factor de inteligencia en las relaciones y el status del alumnado de secundaria. 

Para el alumnado de Antropoloxía:

  1. Aldeas: un traballo cooperativo para a recuperación do patrimonio fotográfico e sonoro nas aldeas de Ames.
  2. Visións do matrimonio. Un estudio dos cambios culturais que tiveron lugar a través de entrevistas  a mulleres de tres xeneracións.
  3. Santa Minia. Entre a Relixión e o Comercio. Orixe e transformación dunha romaría popular.
  4. Os mitos de Sísifo e Edipo, dúas concepcións da natureza humana. Supervivencia e función na literatura e na Filosofía.
Para o alumnado de Filosofía do Dereito:
  1. Coñecemos a Constitución? Unha análise no entorno do Concello de Ames
  2. Estamos capacitados para ser xurados? Investigación sobre o concepto de presuposición de inocencia a partir dun caso mediático.
  3. Xustiza ou caridade. Unha análise práctica das estratexias das ONGs na contorna de Ames
  4. Pero en que Estado vivimos? Analise dos obxectivos e funcións do Estado á luz das noticias de prensa durante o Ano 2015
  5. Pena de Morte ou Cadea Perpetua? A función da xustiza na sociedade. 
Para que teñades unha idea de cal é a orientación do traballo deixóvos un pequeno vídeo que explica os obxectivos e puntos de partida da nosa proposta. Tamén podedes ver como se prepara un traballo de investigación e ir á  nosa aulavirtual a remexer un pouquiño nos traballos de anos anteriores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario