Enigmas de cine 6

Desta vez tocoulle a vez, no noso Ciclo de Conferencias,  a 2ª Guerra Mundial, o acontecemento mais cinematográfico, a xulgar polo número de películas que se fixeron del. O horror que desencadeu foi a fonte de moitos relatos ambientados en todos os lugares polos que se desenvolveu o conflito.

Pero, coma todos os conflitos humanos, as guerras semellan estar inscritas na nosa natureza. O ser humano viaxe miles de quilómetros para loitar contra outros seres humanos, no intento de conquistar territorios, recuperalos, frear unha invasión, procurar novas fontes de enerxía... en fin moitos motivos, pero sempre a mesma historia de horror e sangue, que é o denominador común.


O fragmento que vos propoñemos hoxe pertence a unha película, si, pero tamén a unha novela, demostrando que sempre se poden tender pontes espaciais, temporais e mesmo entre diferentes xéneros, porque debaixo de todos os acontecementos sempre está a natureza humana. ¿A que película e a que novela se corresponden? ¿Que teñen que ver os seus argumentos?



1 comentario:

  1. Dende a súa estrea, unha das miñas pelis preferidas e, como a "Jacob's Ladder" doutro 'Enigmas', máis desacougante. Unha verdadeira visita á cerna da escuridade.

    ResponderEliminar