Filothinking

 Contra todos os obstáculos conseguimos rematar o noso traballo creativo do curso 2019-20- Quedou unha exposición marabillosa cos cadernos do alumnado que podedes ver na entrada do IES Xelmirez I, agora que xa podemos voltar ás aulas. deixo unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado mesturando técnicas de Visual Thinking, Art Thinking e reflexión filosófica. Prestade atención ás páxinas dedicadas á pandemia durante o confinamento: 

O proxecto de traballo está dispoñible no Curso virtual Art thinking no caderno de Filosofía
Comezamos un novo curso. Este ano aplicando as técnicas do visual Thinking para potenciar a capacidade de reflexión do alumnado e dirixir as súas reflexións desde contextos próximos cara a creación de conceptos abstractos e categorías que permitan entender desde a globalidade o mundo no que vivimos.
O caderno de Filosofía será a nosa ferramenta e o canle de preparación para a formulación dun discurso en formato ensaístico, acerca da realidade actual, os seus mitos e arquitectura, que serva de palanca para un pensamento subversivo.

Un conxunto de pasos que poderedes ver na aula virtual Cadernos de Pensamento >>> A guía completa do traballo e os resultados, como sempre estará dispoñible en Filonexos para profes. >>>

Lecturas do Trimestre.

De momento as lecturas que mais éxito tiveron foron "Neurociencia para Xulia" de Xurxo Mariño, "Un mundo Feliz" de Aldoux Huxley el "O Mundo de Sofía" de Martin Gaadner. Quedades convidados a realizar un comentario sobre calquera deles.



O Comentario terá que reflectir a importancia que pode ter o libro como lectura na clase de Filosofía, a nosa experiencia ao leelo, algúnha reflexión persoal sobre o que mais nos gustou do libro e, por suposto non facer "spoiler"

Revolución e Utopia

Para todos os que estades traballando sobre a Revolución e as utopías un frgmento de Un Rey de Nova York 1957. Director Charles Chaplin

Somos platónicos hoxe en día? Alma e conciencia

Imaxina que se inventara unha máquina para teletransportar persoas. Unha máquina que descompoña os átomos dun individuo para volver a reintegralos de novo noutro lugar, aínda que con pequenos cambios, inevitables no proceso. 

Extraído de Comics Existenciales. Corey Mohler. Ed. Stirner

Sería a mesma persoa ou unha copia case indistinguible? Nos tres casos.

Que raro verdade? e aínda así iso xa sucede, todos os días...




¿Que pensas diso? ¿Cres como Platón que a alma é a esencia da persoa e que é distinta do corpo e por iso se pode dicir que somos "nos" os mesmos que nos levantamos cada mañán. Perviviría esa alma a unha teletransportación? e á morte?

Ou pensas como Aristóteles que a alma non é mais que unha cualidade que emerxe da actividade do cerebro e que, cando este cambia, muda tamén ela. Entón non teríamos vivido infinidade de vidas, tantas como veces durmimos e ao espertar nos atopamos cunha nova configuración de átomos?

Fai o test que podes ver a continuación e despois comenta os teus resultados:

A República dos sabios e os Simpson. Debate sobre a Utopía Platónica

Os intelectuais no poder? 

«Salvaron o cerebro de Lisa».
Neste  episodio, Lisa entra a formar parte da sección local de Mensa, que xa conta entre os seus membros co  profesor Frink, o doctor Hibbert  e ao  Tío da Tenda de  Tebeos. Cando o alcalde Quimby fuxe de súpeto, o grupo faise  cargo do goberno da cidade. Lisa exalta o mandato dos intelectuais, unha verdadeira utopía racionalista, pero o novo programa de goberno válelle  a este «consello de sabios» a enemistade dos ciudadáns comúns e correntes  de Springfield (incluíndo a Homer, que dirixe a rebelión dos idiotas). 






Na obra República ou da Xustiza, Platón tenta xustificar e estruturar un posible goberno de sabios. Deixamos aquí o texto completo por se queres leer o texto completo. 


http://www.um.es/noesis/zunica/textos/Platon,Republica.pdf



Algunhas das críticas mais feroces de Platón á democracia atopámolas nesta obra. Hoxe é o noso sistema de goberno, aínda que dista bastante da democracia que criticaba Platón aínda conserva alguns rasgos desta. As repúblicas representativas democráticas contemporáneas pretenden ser unha mestura entre o goberno dos sabios (os representantes que deben saber algo sobre o asunto que gobernan) e a eleción popular deses representantes. 



"Os artífices da Constitución estadounidense tentaron combinar os principios democráticos (un congreso) con algúns dos beneficios dun goberno de élite non democrático (un senado, unha corte suprema e unha  Carta de Dereitos). Isto tivo  resultados discordantes, pero en contraste con outras alternativas, semella ter funcionado bien." (Os Simpson e a Filosofía) ler texto completo  en>>



Pero algunhas das críticas de Platón á democracia aínda se manteñen hoxe en día. 


Segundo Platón a orixe do caos na sociedade está na mestura de clases sociais ¿Que  opinas diso? Existe algún partido político ou movemento social que defenda algo semellante hoxe en día? 


Pensas como Platón que na democracia pérdese o respecto á autoridade e que iso se pode percibir na educación dos mozos? Platón afirmaba: 



En semellante Estado o mestre teme e adula aos alumnos e os alumnos fan caso omiso dos mestres, así como dos seus preceptores; en xeral os mozos fan o mesmo que os adultos e rivalizan con eles en palabras e accións; e os maiores, para complacelos, rebrdan divertimento e afán de facer bromas, imitando aos mozos, para non parecer antipáticos e mandóns. 563a



Atopas algunha semellanza entre o sistema oligárquico e a filosofía neoliberal? Pista, Platón dicía que "o zángano oligarca descuidará a educación e os servizos públicos como a tutela de orfos"


Pensas que as seguintes sentencias de Platón podénse aplicar ao mundo actual?:



"canto mais se adoran nun Estado as riquezas e os homes ricos, en menos se ten a excelencia e os homes bos"


" Onde hay mendigos tamén hai ladróns e delincuentes" 


Para que as nosas modernas democracias melloren e se convertan en sistemas políticos xustos, quizais deberamos plantexarnos algunhas das críticas de Platón a este sistema político que, aínda moi afastado no tempo, ten aínda moitas das carencias que este autor nos lembraba. 



Algúns  enlaces sobre o pensamento político de Platón:


http://filex.es/historia/platon/6_la_poltica_o_el_gobierno_de_los_filsofos.html

https://auladefilosofia.net/2010/05/21/platon-republica-libro-viii/



As aventuras de Platón en Siracusa:


Os Filosofos non constrúen as súas teorías no baleiro. As viaxes, as aventuras e as experiencias son sempre a base do seu pensamento. Marta Larrauri fai un repaso pola viaxe de Platón a Siracusa, onde ao seu parecer se poden atopar as bases da súa teoría política.

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/para-todos-la-2/para-todos-2-filosofia-para-profanos-recordamos-figura-platon/4334941/?media=tve


Ben puidera ser que a súa estancia como prisioneiro na Orella de Dionisio fora a  orixe da famosa historia descrita no Mito da Caverna (República LVII)




Nace a REDE GALEGA DE FILOSOFÍA. http://redegalegadefilosofia.weebly.com/.

A RGF nace cos obxectivos seguintes:

  • Recuperar o contacto entre todos os Inspectores/as, Ensinantes, estudantado, licenciados/as ou simplemente interesados na materia de Filosofía de Galicia, 
  • Comunicar propostas, novidades ou actividades.
  • Recoller propostas, creación de grupos de traballo locais 
  • Creación  dun estado de opinión común respecto ao que deberá ser a materia de Filosofía nos vindeiros escenarios educativos.
  • Crear un tecido sólido entre as diferentes asociacións existentes xa na nosa comunidade autónoma para compartir experiencias, poñer a disposición recursos y urdir unha trama de activismo do pensamento na nosa comunidade.
  • Manter unha relación permanente coa Facultade de Filosofía como marco institucional e “casa común” de todos os e as docentes de Filosofía,
Na rede atoparás un foro de discusión e unha sección de eventos que recollerá todos aqueles eventos relacionados coa Filosofía que se celebren en Galicia e dos que os participantes na Rede teñan noticia.

    Encontros interacademicos de Ensinantes de Filosofía



    Todos os profesores que interveñen nestas xornadas, están aquí porque están facendo esforzos para achegar o coñecemento filosófico nas aulas, usando métodos ou aproximacións que permiten esa vinculación coas mentes dos alumnos que todos e todas buscamos. Mais, aínda que o tentamos, outros non puideron estar aquí, como Marcos García que ensina Filosofía e ética a través de Xogos de Rol e recibiu o premio da fundación Barrié o ano pasado polo seu proxecto. Unha afonía impediulle estar aquí hoxe. Outros como o noso compañeiro de Filosofía Daniel Rosende, crador do canle de Youtube UnboxingPhilosophy, envia este vídeo como colaboración para estas xornadas:

    Notas do grupo Nexos sobre a situación da Didáctica da Filosofía hoxe: