Mostrando entradas con la etiqueta Didáctica da Filosofía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Didáctica da Filosofía. Mostrar todas las entradas

Encontros interacademicos de Ensinantes de Filosofía



Todos os profesores que interveñen nestas xornadas, están aquí porque están facendo esforzos para achegar o coñecemento filosófico nas aulas, usando métodos ou aproximacións que permiten esa vinculación coas mentes dos alumnos que todos e todas buscamos. Mais, aínda que o tentamos, outros non puideron estar aquí, como Marcos García que ensina Filosofía e ética a través de Xogos de Rol e recibiu o premio da fundación Barrié o ano pasado polo seu proxecto. Unha afonía impediulle estar aquí hoxe. Outros como o noso compañeiro de Filosofía Daniel Rosende, crador do canle de Youtube UnboxingPhilosophy, envia este vídeo como colaboración para estas xornadas:

Notas do grupo Nexos sobre a situación da Didáctica da Filosofía hoxe: 



Pensamento cinético


FILOSOFÍA E MOVEMENTO.

Unha forma corporal de achegarse ao sentido dos textos filosóficos, tentando comprender o seu significado, integrándoo na experiencia física a través da execución de coreografías. Podes seguir o proxecto en Filonexosprofes: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=102



Agora aprehendemos o significado que a linguaxe dos xestos e a linguaxe do son teñen para a obra de arte dionisíaca. No primitivo ditirambo primaveral do pobo, o ser humano quere expresarse, non como individuo, senón como ser humano xenérico. O feito de deixar de ser un home individual é expresado polo simbolismo do ollo, pola linguaxe dos xestos, de tal maneira que, en canto sátiro, en canto ser natural entre outros seres naturais, fala con xestos, e, desde logo, coa linguaxe intensificada dos xestos, co xesto do baile. Mediante o son, con todo, expresa os pensamentos mais íntimos da natureza: o que aquí se fai directamente intelixible non é só o xenio da especie, como no xesto, senón o xenio da existencia en si, a vontade. Co xesto, por tanto, permanece dentro dos límites do xénero, é dicir, do mundo da aparencia, co son, en cambio, resolve, por así dicilo, o mundo da aparencia na súa unidade orixinaria, o mundo de Maya desaparece ante a súa maxia. Nietzsche. O Nacemento da Traxedia.


Na posta  en marcha e produción deste proxecto  interdisciplinar, colaboran:
Departamento de Filosofía: Elisa Varela y Eva Garea
Departamento de Educación Física: Federico Bouza.
Departamento de Música: Xoan-Xil López
Departamento de Grego: Margarita Olivar
E asa colaboracións especiais  de: Paz Peña y Chus Boo

VIDEO DA REPRESENTACIÓN



Sigue el tablero Pensamiento cinético: El Mito de la Caverna de Eva en Pinterest.

Tentando a Fliped Clasroom


Este ano propuxémonos elaborar materiais para intentar unha clase ao revés. A verdade é que coa exigua cantidade de horas que temos para impartir o currículo de Filosofía é a única alternativa que nos queda para poder transmitir unha idea xeral do que é o traballo da filosofía. 

Pero, case sempre intentar transformar a metodoloxía fainos reflexionar ao mesmo tempo sobre as verdadeiras competencias que necesitamos que alcance o noso alumnado. Usar as ferramentas dixitais para ampliar as fronteiras da aula, conseguir que o alumnado aprenda por se mesmo, require reflexionar tamén sobre as posibilidades reais de que o alumno ou alumna se introduza no coñecemento filosófico a través da tecnoloxía. Probablemente a petición de que o alumno aprenda por si mesmo non sexa o principal problema, pois a Filosofía sempre reclamou isto, pero o tipo de competencias que ten que adquirir quizais sexa outro cantar.

De momento estamos a crear os materiais necesarios para a aula e intentamos unha avaliación que combine a apropiación de contidos coa promoción da creatividade e a adaptación á diversidade do noso alumnado propoñendo diferentes tipos de tarefas. O tempo dirá se funciona. De momento, e para non nos complicar, usaremos a aula en galego, pero os novos materiais (módulos formativos) estarán en castelán, fundamentalmente debido á escaseza de materiais audiovisuais dobrados ao galego.

Podedes visitarnos en... 
Xa vos iremos  contando.

Curso de Didáctica da Filosofía e TIC

Este ano comezaremos o curso impartindo na plataforma PLATEGA da Consellería de Educación da Xunta de Galicia un curso sobre Didáctica da Filosofía e TIC que estivemos deseñando este curso. Será unha aventura emocionante poder debater en liña cos compañeiros sobre as últimas tendencias en educación, TICs e sobre todo sobre as competencias filosóficas que deberemos abordar o curso que ven. Deixo unha pequena guía e mostra do que será o curso. Podedos inscribirvos en FPROFE no portal da Consellería buscando na oferta de formación para o curso 2014-15 na especialidade de Filosofía. Agardámosvos alí.

A vida de Pi, avaliación

Tentaremos avaliar os contidos aprendidos e tamén os procesos de aprendizaxe, mediante unha técnica creativa de asociación de Ideas. Propomos ver varias imaxes relacionadas entre si e elixir entre elas aquela máis se refira a túa experiencia respecto dos contidos que aprendiches e dos procesos que se levaron a cabo na aula. Non hai respostas correctas ou erróneas, só é importante que expreses a realidade tal é como ti a percibes e te deixes guiar polas túas emocións ao ver ás imaxes. Logo tenta reflexionar que te levou a tomar a decisión e introduce un comentario debaixo. 

Avaliación 1: Contidos aprendidos. Trátase de que te fixes nas imaxes desde a perspectiva do que pensas que aprendiches e vexas que che suxiren e cal se aproxima mais a túa experiencia. 


Avaliación 2:Proceso. Trátase de visualizar que procesos de traballo aprendiches, para iso debes fixarte nas imaxes da presentación seguinte e ver que te suxiren e cal se aproxima máis a túa experiencia. 

O declive da Filosofía

O ensino da  filosofía  na Universidade afastouse do ensino secundario conscientemente, nun intento de  definirse a sí mesma coma un saber inacable para a maioría e reservado ás elites. A escasa consideración que dende a Universidade se ten outorgadao ao ensino secundario en Filosofía contrasta co que teñen feitos ás  Ciencias que estreitaron vínculos ligando aos centros de ensino coa universidad mediante proxectos didácticos e de investigación. Iso sabémolo moi ben os profesores de secundaria. Tamén é certo que a  Filosofía ten renegado da didáctica hai moito tempo, tanto na Universidade coma no ensino secundario,  e as reflexións sobre didáctica da Filosofía consideraronse coñecemento pouco rigoroso e ata prescindible. Desta forma tense  "regalado" a formación do profesorado de Filosofía ás  facultades de pedagoxía, tendo con elas unha mera relación circunstancial, pouco traballada e irresponsable (sobre todo porque a impartiu quen  sabía pouco ou nada de didáctica).

Porén non penso que esta sexa a  causa do declive da Filosofía na secundaria. Fai aproximadamente un ano, nun artigo do País, advertíase dos avisos que a  Conpaca  facía ao goberno sobre o verdadeiro perigo que supoñía a Filosofía, moito maior que o do ensino da "educación para a cidadanía", fundamentalmente polo  los argumentos filosóficos baseados na bioética que usaban os filósofos para argumentar sobre a realidade social en las aulas.

Non sei se  realidade "somos para ternos medo", pero desde logo, alguén lle ten medo á  filosofía, por eso canto mais lonxe do  curriculum escolar e mais fragmentada mellor. Unha filosofía en 1º de bacharelato (con 2 horas semanais?) é unha materia condenada á desaparición por innanición. Se non a teñen eliminado é poque terían que facer co  profesorado actual (de humanidades sobramos). O goberno tivo que  "pagar" os seus servizos á Igrexa e a  CONPACA e así estamos. 


A cuestión mais importante consiste, ao meu modo de ver, en buscar os mecanismos para que o saber filosófico sobreviva a esta crise, porque se non sobrevive no ensino secundario, quédalle pouco tempo no ensino universitario, coma non sexa coma un posgrao de ornamento.  Debemos buscar estratexias efectivas para que o ensino da filosofía sobreviva nestas épocas escuras. No  Medievo souberon facelo. Agora nos toca a nós. Seremos quen de facelo?

A crise da Filosofía. Que facer?

Agora que está por rematar o curso 2012-2013, o profesorado de filosofía debería usar o curso que ven para reflexionar sobre a súa situación no curso 2014-2015. Despois do choque inicial deberíamos pensar en como imos reaccionar como colectivo ante a situación que teremos que enfrontar. En principio o resultado, como é obvio da actual reforma que se aprobará en Parlamento (a maioría absoluta o garante) é que sobra a metade do profesorado de Filosofía (ou mais). A posibilidade da non existencia da Filosofía de 2º de Bach, se non hai alumnado para que se poida impartir coma optativa reducirá as horas lectivas do departamento á metade e a eliminación de Educación para a Cidadanía elimina tamén un bo número de horas (estas, en principio menos relevantes.
A posibilidade de que teñamos que cubrir o noso horario impartindo a "alternativa" de Valores éticos, pode paliar esta situación, pero estará suxeita á demanda do alumnado. Esta situación fará que teñamos que tomar decisións, e sería mellor que puideramos tomalas como un grupo homoxéneo. Ide pensando pois as vosas respostas. Faremos a competencia á Relixión rebaixando a calidade da educación, facilitando unha mellora nas notas? Nos plegaremos ao curriculum oficial que se proporá como una "alternativa" á Relixión introducindo só o "politicamente correcto" (desde o punto de vista da dereita) nel? Caeremos na tentación de rebaixar o coñecemento filosófico a fin de ter clientes suficientes no ámbito das humanidades para poder ofertar a optativa?
Decisións difíciles que ate agora non tivemos que tomar, pero que agora nos obrigarán a facelo, so pena de desterro (dos centros de ensino) en forma de desprazamento obrigado, ensino initinere ou ensinanza virtual (desto algo xa se ten rumoreado noutras materias como o Grego ou o Latin). Non sei vos, eu estou nun mar de dúbidas. Algunhas propostas chaman á obxeción de conciencia, pero non fan propostas concretas. Eu non entendo moi ben como podería facerse isto, en concreto no noso traballo. Obxectamos á impartir a materia de Valores éticos? Non vexo esto posible... Home se me obrigan a dar Relixión, pero non creo que me queiran para eso.

O ensino da Filosofía

Como credes vos que se debería ensinar filosofía no Bacharelato. Esa é o tema de debate que nos suxire a REF (Rede Española de Filosofía). En momentos de cambios hai que aproveitar para facer propostas. Quizais algunha sexa tida en conta. O documento que nos propoñen para debater ten xa moitas posibilidades. Podedes votarlle un ollo en:
http://refsecundaria.blogspot.com.es/2013/03/documento-de-trabajo-como-queremos.html 

Vos deixo con algunhas cuestións para a reflexións:

  • Debe existir unha materia que teña como obxectivo coñecer a historia do pensamento occidental e os seus principais sistemas?
  • Deberiamos ler libros completos mellor ca fragmentos, ainda que iso significara ler a menos autores?
  • Deberiamos ler clásicos ou mellor autores contemporáneos?
  • Cal cres que é a competencia que desenvolve a materia de filosofía?
  • Cres que é importante ou que debería dedicarse ese tempo a outra cousa?
Entre os contidos que deberían tratarse na materia de introducion á filosofía cales son segundo ti os máis relevantes: 
  • O problema da verdade e o coñecemento científico
  • O problema do coñecemento e o funcionamento da mente
  • A definición de ser humano
  • O problema da liberdade
  • A argumentación sobre a existencia de Deus
  • As normas do comportamento moral