FILOSOFÍA E MOVEMENTO.
Unha forma corporal de achegarse ao sentido dos textos filosóficos, tentando comprender o seu significado, integrándoo na experiencia física a través da execución de coreografías. Podes seguir o proxecto en Filonexosprofes: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=102
Agora aprehendemos o significado que a linguaxe dos xestos e a linguaxe do son teñen para a obra de arte dionisíaca. No primitivo ditirambo primaveral do pobo, o ser humano quere expresarse, non como individuo, senón como ser humano xenérico. O feito de deixar de ser un home individual é expresado polo simbolismo do ollo, pola linguaxe dos xestos, de tal maneira que, en canto sátiro, en canto ser natural entre outros seres naturais, fala con xestos, e, desde logo, coa linguaxe intensificada dos xestos, co xesto do baile. Mediante o son, con todo, expresa os pensamentos mais íntimos da natureza: o que aquí se fai directamente intelixible non é só o xenio da especie, como no xesto, senón o xenio da existencia en si, a vontade. Co xesto, por tanto, permanece dentro dos límites do xénero, é dicir, do mundo da aparencia, co son, en cambio, resolve, por así dicilo, o mundo da aparencia na súa unidade orixinaria, o mundo de Maya desaparece ante a súa maxia. Nietzsche. O Nacemento da Traxedia.
Na posta en marcha e produción deste proxecto interdisciplinar, colaboran:
Departamento de Filosofía: Elisa Varela y Eva Garea
Departamento de Educación Física: Federico Bouza.
Departamento de Música: Xoan-Xil López
Departamento de Grego: Margarita Olivar
E asa colaboracións especiais de: Paz Peña y Chus Boo
VIDEO DA REPRESENTACIÓN
VIDEO DA REPRESENTACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario