Realidade (do latín realitas que provén de res, «cousas») refírese a «todo o que existe». Inclúe todo o que é, sexa ou non perceptible ou comprensible pola ciencia, a filosofia ou calquera outro sistema de análise.
Pero os instrumentos dos que nos valemos para captar, en primeiro lugar a realidade, os sentidos, teñen uns límites, e estes condicionan o que de feito podemos captar. A captación do mundo segue uns patróns, en parte impostos polas caracterísitcas dos nosos sentidos e, en parte, polas formas en que nos ensinan a codificar os estímulos que recibimos por eses sentidos. Un exemplo claro e a captación das cores, que é diferente en diferentes culturas, aínda que as ondas de luz que afectan aos nosos órganos sensoriais son as mesmas.
Normalmente presupoñemos que existe todo aquelo que podemos percibir a través da nosa experiencia subxectiva. A experiencia de ver unha árbore provoca en nos a crenza de que “hai unha árbore”, pero esta crenza é uha hipotese froito da combinación entre percepción e imaxinación, e é susceptible de erro.
Os erros perceptivos son bastante comúns e, cando suceden, fan que nos cuestionemos a relación da nosa percepción, da nosa experiencia subxectiva, coa realidade.
A nosa mente é un instrumento moi poderoso, permite que fagamos un mapa que nos permite sobrevivir no mundo. Pero este instrumento tan poderoso tamén ten as súas cousas negativas. Que tal se o experimentas por ti mesmo?
Onde está o truco?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario