Xa vimos que os nosos mecanismos perceptivos aínda que teñen limitacións son moi complexos. Captamos as cousas dunha forma global e interpretamos o que vemos segundo as nosas experiencias. No exemplo seguinte demostrase isto:
Cando os nenos pequenos ven esta imaxe, só ven 9 golfiños. Que ves ti? Se ao pasar 30 segundo segues sen ver os golfiños, xa imaxinamos o que tes na cabeza.
A nosa mente capta globalidades, por iso, en ocasión é moi dificil darse conta dos detalles. Se tentas ler o texto seguinte sen fixarte demasiado, verás que comprendes a mensaxe, aínda que as letras de todas as palabras están descolocadas. Esto é así poque aprendemos a ler palabras completas e non secuencias de letras. Cando a letra inicial e a final están ben colocadas non temos problemas en recoñecer as palabras.
Ademais das nosas experiencias personais, tamén as experiencias colectivas da sociedade na que nacemos inflúen na percepción que temos. A linguaxe canaliza esas experiencias e aprendendo unha linguaxe aprendemos tamén o sentido do noso mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario