ENIGMA 1


"Hoson zes, phainou, meden holos sy lypou;
pros oligon esti to zen, to telos ho chronos apaitei"
(Mentres esteas vivo, brila; non deixes que nada te entristeza máis aló da medida, porque curta é a vida por certo, e a súa retribución o tempo esixe. )


A música sempre foi a expresión da beleza e o permanente na realidade

De onde provén o texto? En que escala musical se compuxo ? De que fala e que ten que coa filosofía? Que relación garda cos pitagóricos?

4 comentarios:

  1. profe xa atopei a solucion do enigma: o epitafio de Seikilos de Traller S.V a.c Ainara Romero

    ResponderEliminar
  2. Só en parte, falta varias cuestións por responder

    ResponderEliminar
  3. O texto é a letra á que se considera a primeira partitura da historia occidental, o Epitafio de Seikilos.
    A melodía está orixinalmente escrita na escala de Mi Frigio Diatónico (modo grego), xa que a súa estrutura é t-/-t-t-t-/-t (onde t=tono, /=semitono), que ten as notas Mi-Fa#-Sol-La-Si-Do#-Re. Na música actual, correspóndese co Modo Dórico.
    O texto fala de aproveitar o momento, sendo felices, en vez de malgastar o tempo lamentándonos (Carpe Diem).
    Os pitagóricos mantiñan que as notas dunha escala debían xulgarse pola proporción matemática, e que, nun sentido sensible, a harmonía era musical (a música era o instrumento por excelencia para a purificación da alma e representaba a PERFECCIÓN). Pitágoras foi o descubridor dos intervalos musicais regulares; a harmonía baséase na proporcionalidade.


    David Lamas 2ºA

    ResponderEliminar
  4. Se introduces no buscador google a primeira frase do texto: Hoson zes, phainou, meden holos sy lypou, iras directamente a unha páxina da wikipedia onde atoparás a resposta á primeira resposta á cuestión: O epitafio de Seikilos.

    Despois, se prosigues a túa busca sobre este epitafio en Google, terás que buscar enre varias páxinas a resposta á segunda cuestión.
    Na páxina sobre A Grecia Clásica e o seu legado atoparás o nome da escala musical en concreto: A Octava xusta

    http://juanandres911.blogspot.com/2008/08/el-epitafio-de-seikilos.html

    Atoparás, tamén, que outros estudiantes tamén se ocuparon deste tema e tentaron reproducir musicalmente a partitura en:
    http://blog.educastur.es/musical/2009/04/29/el-epitafio-de-seikilos/

    A resposta á terceira pregunta é máis complexa porque é múltiple. Por unha parte tes que explicar o tema que, se seguiches o noso percorrido xa terás claro: A brevidade da vida.
    Na wikilearnig atoparás as relacións co estoicismo e a mensaxe filosófica do Carpediem.
    http://www.wikilearning.com/articulo/estoicismo_para_la_vida-la_brevedad_de_la_vida/2255-4

    Por outra parte está a melodía musical e a súa relación coa filosofía pitágorica.
    Se refinas o criterio de busca en Google e introduces "escalas musicais + pitagoras" atoparás variada información acerca da relevancia da música en relación ao coñecemento do mundo e a perfección humana.
    http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd97/Biografias/12-1-b-pitagoras.html
    http://masquemates.blogspot.com/2008/10/msica-matemticas-y-pitgoras.html
    A relación entre pitagoras e o intervalo da octava xusta, pódese atopar da mesma forma. Unha solución en
    http://www.quadernsdigitals.net/datos_web/hemeroteca/r_47/nr_505/a_6967/6967.html

    ResponderEliminar