ENIGMA 8
Sobre o ceo negro,
culebrinas amarelas
Alguén propuxo un día que se o número de estrelas é infinito o noso ceo nocturno debería ser tan brilante que non poderíamos ver nada. Así non poderíamo distinguir entre o día e a noite. Non podemos imaxinar como sería a vida desta forma. Quizais nunca poderíamos dumir profundamente e os procesos biolóxicos dos seres vivios serían completamente diferentes a como os conocemos hoxe. Viaxamos entre as estrelas sen un mapa que nos guíe para non perdernos, como facían os antigos poboadores do Océano Pacífico, que ián de illa en illa guiándose pola posta de sol e polas estrelas. Nun universo que ten 5% de átomos, 25% de materia oscura e 70% de energía oscura, como faremos para non perdernos? E para atopar algo importante? Coma sempre podería guiarnos un libro, un manuscrito que chegou a nós desde moi lonxe no tempo. Pero, coma todos os libros só abre os seus segredos para os que comprenden a súa linguaxe. Se souberamos ler a sabedoría dos antigos, entón poderíamos comparar os seus segredos e os nosos mapas, e a nosa viaxe resultaría máis segura. Se non podemos, quizais deberíamos recordar outra vez as palabras do poeta.
De quen son os versos e que queren dicir? De que libro falamos?
Se queres saber máis sobre as viaxes no tempo vai a:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Os versos son do poeta Federico García Lorca, do poema "Lamentación de
ResponderEliminarla muerte" (Poema del cante jondo). Unha posible interpretación dos
versos sería que sobre a escuridade da morte, o único fin para todas
as persoas, a vida é efímera
Quen propuxo que o se o número de estrelas é infinito non veríamos
nada foi o astrónomo Heinrich Wilhelm Olbers en 1823, tamén foi
mencionado por Johannes Kepler en 1610 y por Halley y Cheseaux no
século XVIII. Esta paradoxa coñécese como "paradoxa de Olbers" e a
única solución posible e que o universo non é infinito e non foi
sempre igual, senón estaría ocupado de maneira uniforme polas
estrelas.
O antigo libro do que estamos a falar e a partir do cal o seu propio
autor creou un mapamundi é a Geographia de Ptolomeo, escrita arredor
do ano 150, onde se describe e danse coordenadas de distintos lugares.
Ptolomeo emprega xa as coordenadas lonxitudinales e de latitude. No
mapa distínguense dous grandes mares, o mar Mediterráneo e o mar
índico que chega ata China. A grande aportación de Ptolomeo foi o seu
modelo de universo xeocéntrico, que dominaría a visión do mundo ata o
século XVI. Ademais Ptolomeo catalogou diversas estrelas e predeciu
eclipses.
Os versos son de Federico García Lorca, e tratan o tema da morte, "Vine a este mundo con ojos y me voy sin ellos" e pertence ao seu libro "Poema del Cante Jondo"(1921).
ResponderEliminarHai que dar co título do poema e coa relación co resto do enigma
ResponderEliminarNon é o libro de Ptolomeo, buscamos un manuscrito máis antigo, que non sabemos ler
ResponderEliminarTrátase do manuscrito de Voynich, un libro con ilustracións escrito nun alfabeto e idoma descoñecidos e que actualmente está na Universidade de Yale na sección de "libros raros e manuscritos". Mediante as ilsutracións do libro deducimos que ten seis seccións: herbario (cada páxina amosa unha planta, astronómica(contén diagramas circulares, alguns con soles, luas e estrelas), biolóxica, cosmolóxica, farmacéutica e recetas.
ResponderEliminarsi, ese é o libro que buscamos. Como se atopa a resposta?
ResponderEliminarMáis que nada foi por eliminación, primeiro pensei no de Ptolomeo, tamén nas inscripcións etruscas e despois decateime de que ía máis por un manuscrito. Busquei libros indescifrables e linguaxes que non se puideran ler e este pareceume que era o uqe máis cadraba.
ResponderEliminar