Enigma 14: Dia internacional da Muller

Tamén as mulleres, aínda que en moitas ocasións invisibles, teñen colaborado ao longo da historia para comprender a nosa situación no Cosmos. As cabezas visibles semellan ser homes, e a labor das mulleres queda relegada ao esquecemento. Nesta ocasión aceptaremos, como solucións do noso enigma, as semblanzas das mulleres que ampliaron e axudaron a conformar as nosas visións do Cosmos, do sentido da existencia, da arte como configuradora das nosas visións do mundo... e todas aquelas que queirades compartir con nós.

Por seguir co noso tema anterior, eu vou propor recordar á muller que fixo posible calcular a distancia ás estrelas máis afastadas da nosa galaxia: a astrónoma americana Henrieta Swan Levitt (1868-1921). Aínda que en 1930 o astrónomo americano Harlow Shapley usó as cefeides para calcular a distancia á  Nube Magallánica pequena, que resultou estar a 165.000 anos luz, esto non tería sido posible sen as observacións de Swan Levitt, desde o observatorio de Characato, en Arequipa, das  Nubes Magallánicas, visibles só desde o hemisferio Sur. Estas nebulosas, observadas por primeira vez en 1521 pola expedición de Magallanes, son galaxias satélites da Vía Láctea, cousa que non se sabía a principios de século. Henrieta Swan encontrou unha correlación entre a periocidade das cefeides e a súa magnitude absoluta, co que  se podía calcular a súa distancia. O método elaborado por Henrieta Swan, puido utilizarse para obter a distancia a outras galaxias nas que se observasen estrelas  Cefeidas. Iso foi o que fixo Edwin Hubble en 1920 coa  galaxia de Andrómeda.




1 comentario:

  1. Eu vou propor a astrónoma escocesa Williamina Fleming, nacida no ano 1857. Exerceu como mestre no seu pais ata que emigrou co seu marido ós EEUU. Separouse deste e, cun fillo ás costas, emprendeu a súa labor cientifica como axudante do director do observatorio da universidade de Harvard, E. Pickering. Pouco a pouco, foi progresando no seu traballo e a puxeron como encargada de revisar as placas fotográficas que se sacaban do ceo, das que, aínda que de moi mala calidade, acabou sacando excelentes descubrimentos como a nebulosa Cabeza de Cabalo. Elaborou en parte tamén un sistema de asignación de estrelas basandose na cantidade de hidroxéno que as formaban; o cal serviulle a Annie Jump Cannon, outra famosa astrónoma, como base do seu traballo.

    Contribuiu na elaboración do Catálogo Henry Draper, chegando a descubrir máis de 10.000 estrelas, nas que destacan 10 novas, 59 nebulosas e 310 estrelas variables.

    Foi a primeira muller en conseguir unha plaza honoraria na Royal Astronomical Society de Londres en 1906. Pouco despois, no ano 1911, morreu dunha pulmonía en Boston.

    ResponderEliminar