A mente humana a derradeira fronteira.

O noso vindeiro tema será a nosa forma de coñecer, as particularidades da mente humana. Por iso, para ir abrindo o apetito vos deixamos coa derradeira noticia sobre as investigacións do cerebro humano.

Aínda que os investigadores como Damasio afirman que non poderemos nunca acceder á forma en que os seres humanos "vemos" o mundo:

"Non se pode ter acceso ao significado dos patróns mentais. A experiencia visual é privada" en Y El Cerebro Creó al Hombre. p. 119 edit. Destino

A Universidade de Berkeley ven de realizar un proxecto que permite, a través dun programa informático, traducir os "patróns neuronais" en imaxes. ¡Podemos ver o que outro ve!



“A actividade cerebral rexistrada mentres os suxeitos vían o primeiro grupo de videos, foi almacenada nun programa que aprendeu, segundo a segundo, a asociar os patróns visuais na película, coa actividade cerebral correspondente. (...) Un segundo grupo de videos serviu para probar o algoritmo de reconstrucción de películas. Isto fíxose abastecendo o programa con 18 millóns de segundos de vídeos de YouTube elixidos ao azar para que puidera predicir a actividade cerebral que cada vídeo, probablemente evocaría en cada suxeito"


FONTES:
Daily Mail
Tendencias científicas
Nature

1.Kay, K. N., Naselaris, T., Prenger, R. J. & Gallant, J. L. Nature advanced online publication doi:10.1038/nature06713 (5 March 2008).


2.Haynes, J. -D. et al. Current Biology 17, 323-328 (2007).


Mais información
What's in your mind?


Se podemos facer iso, ¿tamén poderemos crear patróns neuronais que se correspondan co que queremos que un individuo crea que está vendo? O noso mundo vaise parecendo moito a Matrix.

No hay comentarios:

Publicar un comentario