A gran máquina cerebral
O cerebro humano é unha das máquinas máis complexas que existen. Para poder comprender cales son os seus límites e poder construir "mapas" correctos da realidade, o primeiro e comprender o seu funcionamento. As cuestión filosóficas máis complexas teñen que partir dun coñecemento minucioso sobre os obxectos dos que tratan. O primeiro filosófo que tentou reflexionar sobre o cerebro humano, errou, porque o seu coñecemento sobre este órgano era aínda moi deficiente. O primeiro pensador que se ocupou destes asuntos foi, efectivamente Aristóteles. Este autor inaugurou os estudios biolóxicos acerca de este órgano. Pouco a pouco, ao longo da historia os erros sobre o seu funcionamento foron superándose, as visións mitolóxicas sobre a súa función de "morada da alma" abandonadas. Pero, aínda hoxe o seu funcionamento deixa abertos moitos enigmas. Un deles é a orixe da consciencia. A tarefa de descifrala están dedicados moitos científicos de diferentes áreas: psicoloxía, bioloxía, medicina, informática..... É o reto do século XXI lograr unha Teoría completa da Mente Humana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario