A voltas cos enigmas 5. Solución

Múltiples cavernas.

Moitas teñen sido as revisións do mito platónico, na literatura, na pintura, na fotografía ou no cine. Tantas, que non poderíamos repasalas todas na entrada dun blogue. Pero a revisión e actualización do mito que fai Saramago é, sin dubidalo, unha das mellores. A súa obra A Caverna, permítenos achegarnos á nosa realidade de escravos significandoa metaforicamente, como díria Zubiri. Nas súas obras Ensaio sobre a cegueira e Tódolos nomes, Saramago xa tentara tratar a incapacidade de ver a realidad dos seres humanos, a falta de escrúpulos do sistema e a posibilidade de sair da caverna e atopar un mundo sen fronteiras e máis humano. 

O remate da obra de Saramago nos devolve ao escenario fundamental da nosa sociedade, o espectáculo: “En breve, apertura ao público da caverna de Platón, atracción exclusiva, única no mundo, compre xa a súa entrada”.

O espectáculo por excelencia do derradeiro século é, por suposto, o cine. E no cine, por suposto Matrix, pero antes o Show de Truman, Cinema Paradiso  ou a Rosa Púrpura do Cairo afondaron na idea dunha caverna moi actual, a formada polos medios de comunicación. Como Platón facía a través do diálogo, o cine dialoga consigo mesmo para poñer de manifesto como os seres humanos captamos sombras da realidade a través das súas imaxes.

O cine foi o herdeiro da gran literatura burguesa no momento en que esa literatura comezaba a democratizarse, cando tentaba converterse nunha arte de masas. Por iso non foi casual que as primeiras películas foran unha reelaboración de grandes novelas. Como afirmaría Deleuze,  parece que o cine agocha moitísimas ideas. O que el chamaba ideas eran imaxes que dan que pensar. Despexar, pois as imaxes cinematográficas, supoñía para Deleuze, extarer pensamentos sen abstraelos, tomalos na súa relación interna coas imaxes-movemento. Esas imaxes-movemento son as que poboan o mundo dos sentidos que Platón sitúaba no interior da caverna.

Para afondar nas imaxes cinematográficas recomendamos a lectura dun libro  Platón y el Cine: enseñanzas ocultas en las películas de hoy de  C. Rodwey, en la editorial Kier.




No hay comentarios:

Publicar un comentario