As conferencias do VI Ciclo de Formación Complementaria son, cada vez, máis suxerentes e fascinantes. Se comezaron invitando a ser creativos, continuaron poñendo en práctica a creatividade. Na derradeira charla choveron mazás, e xurdiron "serendipias". Nas seguintes, calquera sabe o que nos agarda.
E de serendipias vai o noso enigma. Buscamos unha serendipia curiosa que atoparedes se estades atentos aos datos e "tedes a mente preparada". En ocasións a nosa mente divaga xusto antes de durmir. Nese intre a nosa mente relaciona conceptos dunha forma máis libre que durante a vixilia: Comen morcegos os gatos? Comen morcegos os gatos? E, ás veces: comen gatos os morcegos? Porque, cando non se sabe respostar a ningunha das dúas preguntas, non importa moito cal das dúas se formule. Quizais teñas que deixar que a túa mente divague para atopar a serendipia que xurde ao fixar a atención no mestre das preguntas que identifican a intelixencia.
Que relación existe entre os códigos Captcha, os gatos e a intelixencia?
Se non atopas a resposta por ti mesmo, quizais deberías ir á charla do profesor Berriochoa o mércores na Casa da Cultura de Bertamiráns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario