Matemáticos platónicos, físicos cuánticos e metafísicos



Sólidos platónicos: A realidade
conformase a través da xeometría
Que é máis real, unha parede ou un polinomio? Esta pregunta que podería ter sido formulada por algún dos aprendices de Platón no século IV antes de Cristo, segue sendo motivo de discusión entre os aprendices de Física do século XXI. Se és un matemático platónico respostarás sen dubidar “un polinomio”, se és un realista incrédulo dirás, “unha parede”. Para os matemáticos platónicos a realidade mesma é matemática, permanente e eterna. A parede, en cambio, ben pode derrubarse dun momento a outro e deixar de ser "parede".

A física que sempre se dedicou ao estudio da realidade, traballou durante moito tempo coa materia e as súas relacións e forzas. Non foi ata o século XX no que as matemáticas de Einstein demostraron que materia e enerxía son en realidade convertibles unha noutra. A matemática que estivo presente na Revolución científica do Renacemento converteuse na ferramenta máis importante para describir os posibles comportamentos da materia e a enerxía, da velocidade dos corpos e da luz no universo.

Pero esta descrición matemática aplicada ao mundo subatómico traeríanos algunas sorpresas, abrindo a porta a un mundo, que xa non se parece en nada ao mundo observable ao noso arredor. Fagamos un pouco de historia:


 
Unha das implicacións fundamentais da mecánica cuántica é a capacidade do observador de cambiar a configuración do observado. A eliminación das superposicións cuánticas é a misión da consciencia que observa o fenómeno, centrando así as posibilidades que tiñan as partículas. E así, a consciencia, a súa orixe, descrición e explicación entran no mundo da física. Será necesario dar conta dos procesos polos que esa actividade consciente actúa. E xa que logo, atopámonos cunha dificultade: a incapacidade da matemática para describir procesos non computacionais. Algo parece ter o sistema cognitivo humano que escapa (a lo menos polo de agora) aos intentos matemáticos para describilo.



Sir Roger Penrose, matemático e físico relevante, dedicou parte da súa investigación ao problema da consciencia e a súa orixe. Na súa derradeira obra "O Camiño cara a Realidade" afirma que existen tres dimensións do mundo, intrinsecamente relacionadas: a dimensión matemática, a física e a psíquica. Como antes xa afirmara Karl Popper, para estudiar o mundo na súa totalidade debemos estudiar os seus principais elementos constitutivos: matemáticas, obxectos materiais e procesos mentais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario