Algunhas cousas non precisas preguntalas, porque se precisas preguntalas, nunca chegarás, en verdade, a entendelas. Dicía un músico famoso que, se precisas preguntar que é o Jazz, nunca chegarás a entendelo.
Da mesma forma Un home que constantemente vive, ve, oe, sospeita, agarda, soña cousas extraordinarias. Alguén ao que os seus propios pensamentos golpean desde fora, desde enriba e desde abaixo, constituíndo a súa especie particular de acontecementos e raios. (…) Un ser que soe fuxir de si mesmo, que a cotío ten medo de si, pero que é demasiado curioso para non volver a si unha e outra vez… Non precisa preguntar que é....?
Cal é a pregunta que non se precisa? Quen non ten necesidade de preguntala? Quen caracterizou así a esta persoa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario