Ter o teu propio portafolio dixital no que construirás o teu cartafol de recursos, irás formando a túa rede persoal de aprendizaxe, abrirás un blog e publicarás os teus traballos.
O tema de investigación pode ser filosófico ou interdisciplinar pero ten que ter fundamentalmente unha vertente teórica e unha práctica. Pensa pois nunha cuestión que che gustaría resolver, pode ser sobre o teu entorno inmediato ou sobre un tema histórico, literario ou artístico. Por poñerte algún exemplo:
Para o alumnado de 1º de BACH:
- Realmente estaba equivocado Descartes? o dualismo cartesiano á luz da neurobioloxía actual
- A que modelo se achega máis a democracia neoliberal actual: ao platónico ou ao Aristótelico?
- Como cambiamos? A construcción da identidade a través das biografías.
- Somos egoístas ou altruístas? Estudio de caso con experimentación
- A necesidade da Filosofía no Bacharelato: En que medida inflúe a materia de filosofía no éxito escolar?
- Incidencia del factor de inteligencia en las relaciones y el status del alumnado de secundaria.
Para el alumnado de Antropoloxía:
- Aldeas: un traballo cooperativo para a recuperación do patrimonio fotográfico e sonoro nas aldeas de Ames.
- Visións do matrimonio. Un estudio dos cambios culturais que tiveron lugar a través de entrevistas a mulleres de tres xeneracións.
- Santa Minia. Entre a Relixión e o Comercio. Orixe e transformación dunha romaría popular.
- Os mitos de Sísifo e Edipo, dúas concepcións da natureza humana. Supervivencia e función na literatura e na Filosofía.
Para o alumnado de Filosofía do Dereito:
- Coñecemos a Constitución? Unha análise no entorno do Concello de Ames
- Estamos capacitados para ser xurados? Investigación sobre o concepto de presuposición de inocencia a partir dun caso mediático.
- Xustiza ou caridade. Unha análise práctica das estratexias das ONGs na contorna de Ames
- Pero en que Estado vivimos? Analise dos obxectivos e funcións do Estado á luz das noticias de prensa durante o Ano 2015
- Pena de Morte ou Cadea Perpetua? A función da xustiza na sociedade.
Para que teñades unha idea de cal é a orientación do traballo deixóvos un pequeno vídeo que explica os obxectivos e puntos de partida da nosa proposta. Tamén podedes ver como se prepara un traballo de investigación e ir á nosa aulavirtual a remexer un pouquiño nos traballos de anos anteriores.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=74
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=72
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=72
No hay comentarios:
Publicar un comentario