Encántame o logo de Google para o aniversario do nacemento de Albert Camus. O seu "Mito de Sísifo" é unha metáfora recorrente que uso sempre que penso na profesión docente. O profesor está condeado a volver a comezar sempre dende abaixo da montaña. Porén, sempre o fai coa mesa ledicia que se o fixera por primeira vez e non soubera que o seu destino é voltar a comezar ao ano seguinte con unha xeración para a que o coñecemento é novo e coa que hai que loitar para que abra os ollos e mire o mundo doutro xeito.

Aínda así a obra que mais me gusta de Camus é "O home rebelde". Paréceme que é a verdadeira continuación ao mito de Sísifo, porque o home rebelde é o home que dí "non", que asume o seu destino por propia eleción. A forza das elecións é o que nos ensina Camus na súa obra. Unhas elecións que só dependen de nós mesmos, porque, ante un destino inexorable aínda pode o ser humano tomar a súa última decisión, aceptalo ou non. Esa decisión é a que nos define.

Deixo uns enlaces aos textos de Camus  e, a unha das miñas pelis favoritas. Matrix, do momento en que Neo, o "rebelde" asume o seu destino porque el mesmo o elixe.



 Que á un home rebelde? Un home que di non. Pero negar non é renunciar: é tamén un home que di sí dende o seu primer movemento. (...) O rebelde (isto é, o que se volve ou revolve contra algo) da media volta. Camiñaba baixo o látigo do amo e agora faille fronte. Opón o que é preferible ao que non o é.

Deixo uns enlaces aos textos de Camus  e, a unha das miñas pelis favoritas. Matrix, do momento en que Neo, o "rebelde" asume o seu destino porque el mesmo o elixe.

http://www.enxarxa.com/biblioteca/CAMUS%20El_hombre_rebelde.pdf 

http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/file.php?file=/41/textos/el-mito-de-sisifo.pdf 

No hay comentarios:

Publicar un comentario