De novo cos enigmas...

Este ano imos darlle voltas ao cine.  Como dicía Serrat “Los sueños cine son” e a mente humana, como sabedes ben, está feita de soños. Todo o mundo anda a falar do mesmo e nós, non quixemos ser orixinais. Se cadra a maior orixinalidade nos tempos que corren e analizar o tema no que todo o mundo anda desde outra perspectiva. Imos ver se o conseguimos. Partiremos de tres liñas básicas:
  • ·         Un achegamento ao cine desde perspectivas variadas: a percepción, a historia, as matemáticas (si, si, as matemáticas) a física ou a bioloxía... Xa vos iremos contando.
  • ·         Unha reflexión con posta en escena sobre o cine e a educación, na que seguiremos moi de preto o que no noso IES se está a facer na construción dun Musical sobre o tema
  • ·         Un xogo, como non! porque cremos na capacidade que ten o xogo para a aprendizaxe. Os humanos somos os únicos animais que xogamos toda a vida, así que xoguemos! Durante os meses de Xaneiro a Maio iremos propoñendo enigmas para resolver, que constituirán unha gyncana moi especial. Unha serie de probas nas que descubriremos as relacións ocultas entre “cine” e “filosofía”. En cada unha delas atoparemos unha frase da historia do cine cun contido moi filosófico. Vos teredes que recoñecer a película e atopar a relación cun filósofo, unha teoría filosófica e unha época historica.  Xogade con nós! O esforzo terá a súa recompensa... en sabedoría, en diversión e quen sabe se en algo máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario