Enigmas de cine 1

Se imos falar de escolas, comecemos pola primeira. Se alguén ten a honra de ter sido o seu fundador foi, sen lugar a dúbidas, Platón. A Academia platónica dá, aínda hoxe, nome a moitas institucións de ensino. Moito despois da morte de Platón o seu espírito seguía vivo nas ensinanzas dos seus discípulos e a súa particular defensa do pensamento matemático esténdese ata os nosos días. Buscamos, non obstante un personaxe, que aínda sendo platónico gardaba co unha distancia xeográfica e cultural importante, pero foron as súas ideas platónicas e o seu defensa do ensino das matemáticas as que o fixeron relevante, tan relevante como para ser o protagonista de películas moi actuais. A quen nos referimos? De que película está sacado o fragmento de audio?

3 comentarios:

  1. A personaxe que se decribe no texto é filósofa, matemática e astrónoma Hipatia de Alexandría, e a película na que aparece o fragmento de audio é Ágora, de Amenábar. Cheguei á resposta porque é unha película que vimos varias veces no IES de Ames.

    ResponderEliminar
  2. Este fragmento de audio pertence ao filme "Ágora", dirixida por Alejandro Amenábar, e estreada en 2009. O persoaxe descrito é Hipatia de Alexandría , a protagonista da película, matemática, filósofofa e astrónoma, condenada á lapidación por pagana e bruxa, debido a non querer converterse a unha relixión na que non cree, o cristianismo.
    Decudín a resposta debido ás diversas veces que tiven que ver este filme.

    ResponderEliminar
  3. O anaco de audio que aparece neste enigma pertence a película Ágora, do coñecido director Amenábar. O personaxe que se describe é Hipatia de Alexandría, matemática, filósofa e astrónoma, e protagonista deste filme.

    ResponderEliminar